A PRESENTACIÓN DA WEB FOI TODO UN ÉXITO (03-11-2004) A asistencia ó acto celebrado onte en Baio foi importantísima Os alcaldes da Costa da Morte, lideres empresariais e asociativos, así como un nutrido grupo de empresarios a nivel particular avalaron a presentación da nosa Comunidade Virtual.
O Sr. Conselleiro de Economía e a Directora do Igape aproveitaron para mostrar o seu apoio a este proxecto e demostraron estar abertos a futuras propostas por parte da FECOM.
Ao final da súa intervención o Sr. Conselleiro realizou un relatorio do que foron dous anos despois do Prestige segundo o punto de vista do Governo Galego.
O Presidente de FECOM, Sr. Gabín, aproveitou para reclamar tanto do Igape como da Xunta, que as axudas sigan durante máis tempo.
A partires de agora esperemos que este espacio que vostede está a visitar se convirta no espacio de referencia a nivel empresarial para a Costa da Morte.
|