Warning: session_start() [function.session-start]: open(/tmp/sess_81ffc437269d6a2d61d66d0be8629107, O_RDWR) failed: Disk quota exceeded (122) in /docroot/ga/comun-web.inc on line 4

Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /docroot/ga/comun-web.inc:4) in /docroot/ga/comun-web.inc on line 4

Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /docroot/ga/comun-web.inc:4) in /docroot/ga/comun-web.inc on line 4
 
 
> quen somos
> axenda
> contacto
> subvencións
> descargas
> novas
> álbume de fotos
> demanda emprego
> ofertas de traballo
> faite socio
> enlaces


Compra na Costa da Morte

Abertal


24/04/2024 Vista de Impresión
Novas públicas

A plataforma comarcal busca o apoio do Pacto do Emprego (20-05-2010)
Representantes da nova entidade reuníronse onte co alcalde de Muxía

A plataforma para o desenvolvemento da Costa da Morte segue coa súa rolda de contactos para solicitar apoios para lograr o seu obxectivo: que as Administracións aproben un plan especial para o desenvolvemento industrial da comarca.
Onte a cita era en Muxía. Unha delegación da entidade reuniuse durante case unha hora co alcalde de Muxía, Félix Porto. Por parte de Neria acudiu o seu secretario, Xan García Pouso, e por parte da Fecom, o seu vicepresidente, José Santos Rial, tamén presidente da Asociación de Empresarios de Ponteceso. Houbo tamén un representante da directiva da Asociación de Empresarios de Cee.
O grupo explicou ao rexedor os obxectivos que buscan e a composición dunha plataforma, contou García Pouso, aberta a todos e contra ninguén. A cita con Porto buscaba non só o seu apoio como alcalde de Muxía, senón tamén como presidente do Pacto Territorial do Emprego.
Desde a entidade pediron a colaboración dese organismo cos medios cos que conta na oficina técnica de Fisterra.
Porto comprometeuse a tratar a petición na xunta directiva do PTE e ofreceu á plataforma os informes elaborados polos técnicos para o que puidesen ser de utilidade. García Pouso mostrouse satisfeito tras un encontro no que, dixo, Porto brindou a súa colaboración total como alcalde de Muxía. é previsible que a directiva do PTE sómese tamén ao empuxe colectivo da plataforma.

# Enlace permanente a esta nova
La voz de Galicia >>
 

 

Por actividade
Por concello
Por palabras
Por asociación
> Camariñas
> Carballo
> Cee
> Fisterra
> Laracha
> Malpica
> Outros
> Ponteceso
> Santa Comba
> Vimianzo
> Zas
 




Diarios Oficiais
 






Visítanos en
 
     
info@fecomgalicia.com Aviso Legal - Fondos Públicos


Warning: Unknown(): open(/tmp/sess_81ffc437269d6a2d61d66d0be8629107, O_RDWR) failed: Disk quota exceeded (122) in Unknown on line 0

Warning: Unknown(): Failed to write session data (files). Please verify that the current setting of session.save_path is correct (/tmp) in Unknown on line 0