Warning: session_start() [function.session-start]: open(/tmp/sess_fd99945e3bd180bda4c880637978bc2e, O_RDWR) failed: Disk quota exceeded (122) in /docroot/ga/comun-web.inc on line 4

Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /docroot/ga/comun-web.inc:4) in /docroot/ga/comun-web.inc on line 4

Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /docroot/ga/comun-web.inc:4) in /docroot/ga/comun-web.inc on line 4
 
 
> quen somos
> axenda
> contacto
> subvencións
> descargas
> novas
> álbume de fotos
> demanda emprego
> ofertas de traballo
> faite socio
> enlaces


Compra na Costa da Morte

Abertal


01/05/2024 Vista de Impresión
Novas públicas

A Xunta de Galicia fai rebaixa tralas propostas de FECOM en materia de polígonos industriais,. (25-03-2010)

A Federación de Empresarios Costa da Morte non para de contactar coas administracións para realizar propostas. Propostas que fai á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, enfocadas en 3 liñas estratéxicas fundamentais para o desenvolvemento industrial e económico da bisbarra: o abaratamento do sólo industrial, a mellora de infraestructuras viarias e descontos na peaxe Carballo-A Coruña.
A Consellería valorou as propostas, e toda vez recibida contestación a todos e cada un dos eixos de actuación propostos a Xunta Directiva de FECOM "solicitará entrevista con Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras co fin de coñecer o alcance das declaracións de intencións reflexadas en varios puntos." Estas son as respostas aportadas dende a Administración:

PARQUES INDUSTRIAIS

FECOM propón directamente -Abaratar os costes por metro cadrado aplicables a cada parcela.
Este desconto acadarase suprimindo do coste total de cada parcela, a aplicación dos gastos proporcionais relativos a zonas verdes, Edar, accesos viarios, e co que se conseguirá un desconto dende un 30% ata un 50%.
Contestación da Consellería: "Na medida do posible, dende a Consellería estamos realizando un importante esforzo para asumirinfraestructuras de abastecemento, saneamento e as correspondentes ós accesos viarios, a traves dos propios orzamentos da Consellería, co obxeto de non imputar eses investimentos co custo do metro cadrado de solo"


-Pago aplazado na adquisición de parcelas, durante un prazo de 10 anos, e cun período de carencia de 2 anos.
Contestación da Consellería: "Co obxeto de dinamizar a demanda e facilitar o acceso ao solo industrial, recentemente as Xestures xa modificaron os seus pregos de bases de concurso de venda, establecendo importes, prazos e condicións máis flexibles, entre os que destacan unha Fianza do 2% de licitación(antes era do 5%) e unha Forma de pagamento de xeito que o 30% á escritura pública e o 70% a tres anos con garantía mediante aval e pagamento de intereses legais. Ademáis a Consellería afirmou que amplía o prazo para solicitar licenza de 1 a 2 anos; asegurou que as Plusvalías (Incremento do valor dos terreos de natureza urbana) correrán a cargo do vendedor e non docomprador como sucedía antes. E no caso de incumprimento de obrigas dos adxudicatarios de parcelas tamén se estableceu unha disminución das penalizacións".

-Implantación do sistema de aluguer de parcelas con dereito a compra. Para o caso de que se opte pola compra, amortización no pago da mesma, sinalando unha porcentaxe de aproximadamente o 50% do destinado, ata o momento ao aluguer.
A Consellería afirmou que "Podería estudarse a posibilidade de, con carácter excepcional e xustificado, destinar algunha parcela a esta modalidade de acceso a titularidade do solo".

-"Incrementar o grao de edificabilidade por parcela". Ante esta proposta a Consellería sinala que "tanto a edificabilidade como o grao de ocupación fixados nos proxectos sectoriais ou plans parciais veñen axustándose aos límites que establece a lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, á que en todo caso deben axustarse. No IGVS realizaranse unha análise desta proposta co obxeto de identificar as súas posibilidades reais."

-"Establecer un plus de implantación, de forma que durante un prazo de dous anos, as empresas que opten por mercar unha parcela en calquera dos tres polígonos, obteñan unha bonificación".
Contestación da Consellería: "Co obxeto de facilitar a implantación de empresas con unha necesidade importante de solo, e sempre vinculado ao nivel de actividade que xenere no entorno e o volúmen de empregos que cree, existe a posibilidade de outorgarlle a consideración de proxecto singular, e deste xeito, facilitar as condicións de acceso".

-"Ampliación do prazo de construcción da nave,a 5 anos(prazo que comprendería construcción e posta en funcionamento da actividade."
A Xunta deixa o prazo en 2 anos.

-Dispor dunha serie de instalacións ou naves industriais, baixo o réxime de aluguer, con un período de permanencia de 3 anos"
Contestación da Consellería: "Esta é unha proposta que podería ser aceptada naqueles casos onde exista unha demanda real acreditada para o aluguer destas naves".

-"Liñas de axudas a fondo perdido para implantación da empresa, así como unha liña específica de financiación para a Costa da Morte. A Consellería resposta que: " Dase traslado desta proposta a Consellería de Economía e Industria para que, no seu caso, vlaore a petición a través do IGAPE".

-"Reducción da carga impositiva,relativa a o IBI, ICIO e nos casos en que lles sexa de aplicación do IAE". A Consellería sinala que dado que se trata de impostos de competencia municipal, a Administración autonómica non ten competencias,"; serán os concellos onde se sitúen os parques os que terán a potestade de rebaixalos.

-"Promover e exiser aos Concellos nos que se sitúen os Parques Empresariais, a axilización de inscripción de parcelas, previa a segregación oportuna, no Rexistro da Propiedade
A Consellería sinala que "Dende o IGVS instarase ós concello para que axilicen as actuacións que son da súa competencia".

MELLORA DAS COMUNICACIÓNS POR ESTRADA
FECOM solicitaba a posta en marcha da Autovía Carballo-Berdoias, da conexión por autoestrada entre a Costa da Morte e Santiago de Compostela, ademáis da mellora de varios viais que resultan de vital importancia.
A Xunta destaca que "No plan MOVE reflíctense un número importante de actuacións viarias na zona da Costa da Morte. A principal actuación en marcha é a autovía entre Carballo e Berdoias, que despois do seu desbloqueo iniciará a súa construcción neste mesmo ano 2010, grazas a actuación enérxica e clara do actual Goberno da Xunta".

-"DESCONTOS NA PEAXE DA AUTOESTRADA CARBALLO-A CORUÑA
A Xunta especifica que "antes do vindeiro verán empezaranse a aplicar os descontos na AG-55, para os usuarios frecuentes, con rebaixas que poderán chegar ó 50% do custo da peaxe para aqueles usuarios que fagan mais de dous percorridos ó día".

# Enlace permanente a esta nova
Diario Dixital da Costa da Morte >>
 

 

Por actividade
Por concello
Por palabras
Por asociación
> Camariñas
> Carballo
> Cee
> Fisterra
> Laracha
> Malpica
> Outros
> Ponteceso
> Santa Comba
> Vimianzo
> Zas
 




Diarios Oficiais
 






Visítanos en
 
     
info@fecomgalicia.com Aviso Legal - Fondos Públicos


Warning: Unknown(): open(/tmp/sess_fd99945e3bd180bda4c880637978bc2e, O_RDWR) failed: Disk quota exceeded (122) in Unknown on line 0

Warning: Unknown(): Failed to write session data (files). Please verify that the current setting of session.save_path is correct (/tmp) in Unknown on line 0