O turismo da Costa da Morte foi presentado a turoperadores europeos en Bruselas. (18-11-2009) A sede da Fundación Galicia-Europa en Bruselas acolleu a presentación do proxecto Promotur Costa da Morte, que comercializará en todo o mundo uns 35 paquetes turísticos, nos que participan cerca de 70 empresas da zona.
De presentar a iniciativa encargáronse a directora da Fundación, Ana Ramos, quen definiu a zona como unha "bellísima tierra"; o presidente de FECOM, José Gabín, o cal confía en que éste sexa o principio dun plan de cooperación; e o máximo responsable da Asociación de Turismo da Costa da Morte, Manuel Pan, quen exaltou as excelencias da zona cunha presentación detallada de cada paquete turístico.
Entre as propostas da Costa da Morte hai paquetes tan suxerentes como o Regreso ao Medievo, Bodas Celtas, Xogando a Periodistas, Escapada Romántica, Arqueoloxía e Natureza, Gastronomía e Senderismo.
A presentación estivo enmarcada nunha visita ás Institucións Europeas dos directivos das Asociacións integradas en FECOM. |