Warning: session_start() [function.session-start]: open(/tmp/sess_c6ff7313c99abccfbfedb6cc544d2c1c, O_RDWR) failed: Disk quota exceeded (122) in /docroot/ga/comun-web.inc on line 4

Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /docroot/ga/comun-web.inc:4) in /docroot/ga/comun-web.inc on line 4

Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /docroot/ga/comun-web.inc:4) in /docroot/ga/comun-web.inc on line 4
 
 
> quen somos
> axenda
> contacto
> subvencións
> descargas
> novas
> álbume de fotos
> demanda emprego
> ofertas de traballo
> faite socio
> enlaces


Compra na Costa da Morte

Abertal


07/11/2024 Vista de Impresión
Novas públicas

FECOM propón a Xunta de Galicia unha serie de estratexias en materia de Polígonos Industriais e Infraestructuras Viarias. (23-10-2009)

A Federación de Empresarios Costa da Morte remitíu a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras un dossier con doce propostas que consideran de máxima necesidade en apoio ao emprendemento empresarial.
Eixos estratéxicos de actuación:
1.-Abaratar os costes por metro cadrado aplicables a cada parcela.
Este desconto acadarase suprimindo do cálculo de costes, as instalacións de augas, depuración, transformadores e a parte proporcional aplicable as zonas verdes, e para o caso de Cee, tamén os gastos de habilitación do terreo por onde transcurre o Camiño Xacobeo, así como os espazos aledaños ao río que o cruza.
O Presidente de FECOM, considera que "aplicando estos descontos acadarase un desconto de entre un 30% e un 50% "

2.- Pago aplazado na adquisición de parcelas, durante un prazo de 10 anos e cun período de carencia de 2 anos.
3.- Implantación do sistema de aluguer de parcelas con dereito a compra; para o caso de que se opte pola compra, amortización no pago da mesma, sinalando unha porcentaxe de aproximadamente, o 50% do destinado, ata o momento ao aluguer.
4.- Incrementar o grao de edificabilidade por parcela
5.-Establecer un plus de implantación, de forma que durante un prazo de dous anos, as empresas que opten por mercar unha parcela en calquera dos tres polígonos, obteñan unha bonificación.
6.- Ampliación do prazo de construcción da nave, sinalando un prazo mínimo de 5 anos (prazo que comprendería construcción e posta en funcionamento da actividade).
7.-A efectos de fomentar a cultura emprendedora entre as xeracións máis novas, que conten con iniciativas innovadoras e non dispoñan de liquídez ou de avais, dispor dunha serie de instalacións ou naves industriais, baixo o rexime de aluguer, con un período de permanencia de 3 anos.Unha vez concluso este período, terán que optar por mercar unha parcela para instalar a súa actividade.
8.- Creación dunha liña de axudas a fondo perdido para implantación da empresa, así como unha liña específica de financiación para a Costa da Morte.
9.- Reducción da carga impositiva, relativa ao IBI, ICIO e IAE nos casos en que lles sexa de aplicación.
10.- Promover e exisir aos Concellos nos que se sitúen os Parques Empresariais, a axilización de inscripción de parcelas, previa a segregación oportuna, no Rexistro da Propiedade.
11.- Mellora das comunicacións por estrada:
- Que a Autovía Carballo-Berdoias sexa unha realidade coa posta en marcha e comenzo inmediato das obras.
-Conexión por autoestrada entre a Costa da Morte e Santiago de Compostela
-Mellora dos viales Baio-Baiñas.
-Mellora do vial Laxe-Ponte do Porto conexión a Muxía.
-Execución da variante a Brens.
-Mellora dos viales:
*Santa Comba-Coristanco
*Carballo-Portomouro
*Santa Comba-Portomouro
*Portomouro-Santiago de Compostela
12.- Descontos na Peaxe da Autoestrada Carballo - A Coruña, aos usuarios habituais da mesma, sinalando unha porcentaxe de descontos para a viaxe de ida e volta; de forma que se aplique o seguinte baremo:
- Por 5 días mínimos/mes: aplicación do 30%.
- Por 10 días mínimos/mes: aplicación do 40%.
- Por 20 días mínimos/mes: aplicación do 50%.

# Enlace permanente a esta nova
La Opinión Coruña >>
El Correo Gallego >>
La Voz de Galicia >>
 

 

Por actividade
Por concello
Por palabras
Por asociación
> Camariñas
> Carballo
> Cee
> Fisterra
> Laracha
> Malpica
> Outros
> Ponteceso
> Santa Comba
> Vimianzo
> Zas
 




Diarios Oficiais
 






Visítanos en
 
     
info@fecomgalicia.com Aviso Legal - Fondos Públicos


Warning: Unknown(): open(/tmp/sess_c6ff7313c99abccfbfedb6cc544d2c1c, O_RDWR) failed: Disk quota exceeded (122) in Unknown on line 0

Warning: Unknown(): Failed to write session data (files). Please verify that the current setting of session.save_path is correct (/tmp) in Unknown on line 0