O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras reúnese cos representantes da Federación de Empresarios Costa da Morte (FECOM). (02-09-2009) Na reunión mantida con directivos da Federación de Empresarios Costa da Morte, (FECOM), o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, don Agustín Hernández, explicou que o plan de infraestructuras do seu departamento inclúe unha nova vía de altas prestacións entre Santiago e as Comarcas de Costa da Morte.
Durante a entrevista cos responsables de FECOM, tamén se falou da situación da autovía Carballo-Berdoias. A esta cuestión, Agustín Hernández anunciou ós seus interlocutores que a obra volverá a ser licitada en novembro deste ano.
Finalmente, o Conselleiro comprometéuse a colaborar dinamización dos parques empresariais de Costa da Morte, e buscar xunto cos empresarios as ferramentas apropiadas
" de forma que se acade unha ocupación óptima dos polígonos a través de fórmulas que faciliten a tramitación da superficie empresarial".
|