FECOM asistirá a concentración de apoio ás Pemes e ós autónomos frente ó Congreso dos Diputados. (18-03-2009) A Federación de Empresarios Costa da Morte ante a crítica situación pola que atravesan os autónomos e as pemes, e como consecuencia da falta de respostas concretas por parte do Goberno e do Parlamento, adhírese a concentración de protesta, o vindeiro 26 de marzo na Praza das Cortes en Madrid, frente ó Congreso dos Diputados, organizada por ATA Federación Nacional.
Asistirán en representación de FECOM, o seu Presidente, José Gabín e outro membro da entidade.
A esta concentración,a que se sumáron xa máis de 500 organizacións, servirá para entregar unha declaración conxunta, ós portavoces dos grupos parlamentarios, na que quedan recollidas as solucións que pedimos ante a falta de acceso ó crédito, unha fiscalidad asfixiante e nada acorde coa realidade que atravesamos, a ausencia de medidas para paliar a caída do consumo, o excesivo peso das cotizacións sociales, o auxe da morosidade e outras reformas do mercado laboral e a carencia de iniciativas públicas - o seguro por cese de actividade - que nos permitan soportar este período de recesión. |