Los empresarios avalan el proyecto del futuro polígono industrial de Cabana (10-03-2009) FECOM cree que idénticas facilidades deberían darse nos polígonos públicos.O alcalde cabanés, José Muiño, comprometíuse públicamente cos empresarios da comarca, a ceder de forma totalmente gratuíta os 100.000 metros cadrados que lle van a corresponder ó Concello polo desenrolo da 1ª fase do polígono. A cesión farase por 15 anos, renovables por outros 15, coa posibilidade de adquirir as parcelas a prezo tasado ou de alquilalas.
José Gabín, Presidente de FECOM, considera unha proposta valente, e cree que a cesión servirá para atraer a outras empresas. O ofrecemento parécelle asimesmo,interesante, para aqueles empresarios cuxas naves están en situación de ilegalidade polas restriccións urbanísticas.
O presidente de FECOM estima que "esa mesma oferta de instalación gratuíta, tiñan que facela naqueles polígonos que se fan con cartos públicos. A administración tiña que tomar exemplo deste proxecto de Cabana". |