FECOM intégrase na Federación de Autónomos máis grande de España (25-02-2009) FECOM terá Compromisario na Asamblea Xeral con dereito a votoO presidente da Federación de Empresarios Costa da Morte,José Gabín, e o máximo mandatario da Federación Nacional de Traballadores Autónomos, Lorenzo Amor, asinaron o Convenio polo que a entidade comarcal se integra na de ámbito estatal.
Con esta iniciativa,dado os momentos tan convulsos da economía que estamos a vivir,defenderanse os intereses dos autónomos da Costa da Morte en Madrid, coa finalidade de acadar unha rebaixa impositiva e unha reducción das cotizacións dos autónomos a Seguridade Social, así como que os créditos ICO sexan xestionados directamente polo Goberno Central, dado que os Bancos non os están concedendo. |