O equipo de traballo do GAC Costa da Morte integra 15 entidades (23-07-2008) Onte quedou constituido o equipo de traballo que se encargará da elaboración do documento estratéxico que guiará a actuación do GAC (Grupo de Acción Costeira)Costa da Morte. O equipo quedou integrado por 15 entidades, catro Cofradías de pescadores (Caión, Muxía, Camariñas e Malpica)dúas agrupacións de mariscadoras(Anllóns e Baldaio), tres colectivos sociais, dous concellos e catro do sector económico(FECOM, Axober,Redeiras o Fieital e Exportadores de Pescado de Malpica). |