FECOM di que o que é bó para Portugal non debe ser malo para Muxía. (06-01-2007) Pescanova escapa de Muxía polas enormes trabas burocráticas.O Presidente da Federación de Empresarios Costa da Morte (FECOM), José Gabín, afirmou onte non entender como a granxa acuícola de Pescanova, que será un referente mundial para o sector, é acollida cos brazos abertos en Portugal e rechazada en Galicia.
Sostén que non lle vai ser fácil ó Goberno galego explicar por qué unha empresa " non encaixa na Costa da Morte, e sí nunha zona similar do país veciño,separada tan só por unha liña fronteriza, e que está rexida pola mesma normativa da Unión Europea".
|