A PANADERÍA VILARIÑO, conocida como " A Casa da Rubia" foi fundada fai uns 50 anos en CARNÉS, VIMIANZO por DON JOSÉ VILARIÑO MARTÍNEZ e a súa esposa DONA DOLORES CIBRÁN NOVOA.
Nun principio a producción era pequena e estaba destinada só ó propio pobo, facendo o reparto a cabalo, pois non había carreteras nin coches. Por aquel entón amasábase á man e cocíase en forno de leña.
Co paso dos anos a empresa pasou a mans da súa filla DONA MARGARITA VILARIÑO CIBRÁN, actúal dona. A producción xa aumentara sustancialmente grazas á introducción de maquinaria moderna ó proceso productivo, fornos, amasadoras, ... , así como á ampliación das rutas de reparto ós pobos limítrofes, axudado pola mellora das infraestructuras e a adquisición de furgonetas de reparto.
Daquela a producción reducíase á elaboración do típico molete galego e á barra branca. Hoxe en día xa imos pola terceira xeración e seguimos evolucionando cos tempos, tanto en cantidade coma en variedade, pero sin olvidar por suposto a excepcional calidade de todos os nosos productos, que foi unha constante dende sempre, conseguida en parte co cariño e esmero que poñemos no noso traballo, e en parte coa utilización das mellores materias primas; só así se pode chegar a ese reconocido prestixo do que gozan as nosas elaboracións.
Os nosos productos más demandados son:
-PAN DE MOLETE.
-DIFERENTES TIPOS DE BARRAS: Integral, artesana, branca.
-PLUM CAKE.
-BISCOITO.
-PAN DE OVO.
-EMPANADA GALEGA (bonito ou bacalao).
-LARPEIRA.
-TARTAS DE FROITAS.
-PASTELÓN DE HOXALDRE: De crema ou nata.
-TARTA SAN MARCOS.
-BRAZO DE XITANO.
-TARTAS DE AMÉNDOA, MOKA, CHOCOLATE ... |