O proxecto turístico "SABOREANDO GALICIA DENDE MUXÍA" presentarase en FITUR a próxima semana (11-01-2011) Xa van aparecendo iniciativas que se van presentar na FITUR. “Saboreando Galicia dende Muxía” será un dos produtos que ofreza a bisbarra, e nace da man da Asociación de Turismo Rural Muxía Natural.
Trátase dun conxunto de paquetes turísticos, a desenvolver entre os meses de febreiro e xuño (ambos inclusive), e que conxugan casas rurais, gastronomía e turismo activo. A proposta, amadrinada pola actriz Teté Delgado, conxuga aloxamento en casas rurais, gastronomía e turismo activo. |