O comezo das obras do parador de Muxía anunciarase en FITUR (30-12-2010) O grupo de empresas públicas Tragsa farase cargo dos primeiros traballos de construcción do parador de turismo de Muxía. O compromiso existe dende fai dous meses. Dende que o alcalde, Félix Porto, o negociou tras comprobar que os Presupostos Xeraid do Estado do 2011 apenas reservaban dñeiro para as obras, e tras unha viaxe realizada a Madrid o 29 de octubre para lograr o acordo con Turespaña. Non obstante, ata agora non era público, e será na Feira Internacional de Turismo (Fitur) cando se den a coñecer todos os detalles das obras.
Ademais do parador, Porto acudirá a Madrid para presentar un proxecto turístico relacionado con Muxía que, de momento, prefire non desvelar, xa que ainda non se cerrou. |