A Xunta desbloquea a inversión para a autovía da Costa da Morte (27-12-2010) A autovía da Costa da Morte entre Carballo e Berdoias licitarse nos próximos días, antes de que finalice o ano, adxudicarase no segundo trimestre do 2011 e estará lista nesta lexislatura.
Alberto Núñez Feijoo anunciou tras a reunión do Consello da Xunta o desbloqueo desta inversión, que terá un presuposto de obra de 208,2 millóns de euros, 13 deles para expropiacións, co que se cumpre "un dos compromisos da lexislatura coa Costa da Morte, co paso definitivo para unila co mapa de autovías de Galicia", apuntou. |