Os empresarios de Costa da Morte demandan unión para superar a crise (30-05-2009) Máis de 400 persoas asisten a "II XUNTANZA EMPRESARIAL COSTA DA MORTE"Máis de 400 empresarios, acompañados de numerosas autoridades, convertiron nun rotundo éxito a segunda edición da Xuntanza Empresarial da Costa da Morte, organizada por FECOM.
O presidente da patronal supracomarcal, José Gabín, reivindicou actuacións básicas que todavía seguen pendentes na zona: a execución da autovía Carballo a Fisterra, conexión da Costa da Morte con Santiago(autovía), a ampliación do porto de Brens,ós polígonos a prezos asequibles ou con carencia de pago, as melloras eléctricas e de telecomunicacións, o Consorcio de Turismo, GAC, PTE, ou GDR. Cree que non se pode permitir que piscifactorías como a de Touriñán escapen da zona. Asimismo Gabín solicitou aos políticos presentes "que traballedes e atendades a nosas xustas demandas, pois das crises sáese desde as bases, non desde as alturas".
Por su parte, en representación da Xunta de Galicia, a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, alegou entre outras que a Xuntanza demostra que "vos sodes o motor, e tedes o meu compromiso de que non se pode parar"; "Tentaremos levar a cabo os proxectos que tanto vos preocupan, tende por seguro que a Consellería de Traballo actualmente é a máis importante de todas, dada a actual situación económica existente, é o momento de remar todos xuntos". Mostrou a súa disposición a traballar pola zona contando sempre coa maior colaboración posible de todos os sectores.
O Subdelegado del Gobierno en A Coruña, Pose Mesura apelou a unidade, e augurou que virán tempos mellores, dixo da Xuntanza Empresarial de FECOM que "non creo que haxa na provincia un exemplo de tanta unión coma este".
Entre os numerosos asistentes, estaban tamén os Alcaldes das Comarcas de Fisterra, Xallas, Bergantiños e Soneira; o presidente de ATA Federación Nacional(Lorenzo Amor Acedo);o subdirector de proxectos do IGAPE, Norberto Penedo; os parlamentarios autonómicos Marisol Soneira, Alberto Sueiro e Carlos Negreira;:o Presidente de ATA Galicia(Rafael Granados),así como o delegado en Galicia da empresa patrocinadora EDP Renováveis, José Toja.
|