Gran participación no Encontro Empresarial de Axudas a Empresas (07-02-2009) Onte tivo lugar en Vimianzo o Encontro Empresarial de Axudas a Empresas, organizado por FECOM.
Como ponentes asistiron, Julio Fernández Mato, secretario xeral de Relaciones Exteriores e Director da Fundación Galicia-Europa; Pilar Souto Iglesias, (Deputación Provincial da Coruña); Pilar del Oro(Coordinadora do Centro de Negocios Galicia-Europa), e Fernando García (IGAPE). Trataronse temas moi diversos sobre o apoio a empresas e productos turísticos para internacionalizarlos en mercados europeos, asi como as liñas de financiación (axudas a fondo perdido e créditos) do Instituto Galego de Promoción Económica.
O encontro contou cunha ampla representación empresarial (ó redor de 400 empresarios) déronse cita para coñecer as novas máis destacadas aplicables por sector de actividade. |