O sector pesqueiro plantexa crear unha lonxa comarcal a través do Grupo de Acción Costeira (09-10-2008) A asamblea do Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte reunirase o día 13 para aprobar o plan estratéxico para a zona, que se centra na comercialización, o medio ambiente e o turismo.
Os proxectos productivos terán unha subvención máxima do 50%, ata 150.000 euros. No caso dos que están promovidos polo sector do mar, mulleres ou outro colectivo especial, a axuda será do 60%. Nas intervencións non productivas o máximo será do 60%, cun límite de 150.000 euros. Para o sector do mar ou as mulleres alcanzarase o 75%. No caso de accións plurianuales ou supramunicipales concederase ata 500.000 euros. |