A Feira do Automóvil de Baio finaliza con máis de 40 vehículos vendidos en dous días de actividade. (17-09-2007) A Feira do Automóvil de Baio finalizou onte con resultados positivos para os empresarios implicados na organización do evento. Antes de que a feira pechase as súas portas xa se venderan un total de 45 automóviles, o que representan en torno a un dez por cento do total dos postos a venta.
A Feira do Automóvil de Baio é a referencia no sector da comarca. Na zona concéntranse un gran número de talleres e empresarios que loitan por conseguir unha ITV permanente para Baio, petición que xa se fixo chegar a Consellería de Industria.
|