Os Empresarios de Ponteceso solicitan a implantación de vados e de zona azul. (09-08-2007) A Asociación de Empresarios de Ponteceso considera que o Concello debe por freno ós problemas de aparcamento existentes na localidade.O martes pola noite reunironse cos veciños, onde expuseron as reivindicacións que esta mesma semana faran chegar ao Alcalde: "Ordenanza de vados, zonas delimitadas para carga e descarga e zona azul gratuita para limitar o tempo de aparcamento nas principais rúas da localidade". |