Repercusión das Novas Tecnoloxía na promoción turística de a Costa da Morte (50 K) Un cursiño sobre internet dará comezo o día 8 de setembro, e nel impartiranse, a tódolos asociados que se inscriban, os coñecementos precisos para sacar maior rendemento ás novas tecnoloxías -internet, correo electrónico,..- e ademais realizarán sinxelas prácticas para modificar sen esforzo o escaparate virtual do que cada empresa asociada disfruta dentro do portal do CCA Carballo.
O cursiño desenvolverase nas instalacións da Academia Einstein e durará dende o 8 de setembro ata o 29 do mesmo mes.
O prazo para inscribirse estará aberto ata o día 7 de setembro ás 13:00 horas, e os interesados poderán reservar a súa praza na sede social de CCA Carballo -rúa Fomento 21-23-, telefonicamente no 981 701 613 ou por correo electrónico info@ccacarballo.com.
O número de prazas ofertadas é de 15, e a matrícula será gratuíta para tódolos asociados.
http://www.concellodelaxe.com
<< Voltar >>
|