FICHA EN WORD |
VIXENCIA |
*
LEXISLACIÓN |
Xerar
documento de Word imprimible. |
A axuda está vixente na
actualidade |
|
|
|
ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción
Económica
|
1. TÍTULO
DO PROGRAMA / AXUDA |
BASES
REGULADORAS DE AXUDAS ÁS PEMES PARA A ELABORACIÓN DO DIAGNÓSTICO
EMPRESARIAL.
|
2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Facilitarlles ás
pemes a elaboración dun diagnóstico empresarial que contribúa á súa
mellora competitiva.
|
3. TIPOS
DE APOIO |
Subvención a
fondo perdido dos custos de elaboración de diagnósticos empresariais
Prestación de asistencia técnica na elaboración de diagnóstico
empresarial.
|
4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Pequenas e
medianas empresas (pemes) que cumpran os seguintes requisitos:
-teñan radicado o centro da súa actividade ou algún centro de
traballo na Comunidade Autónoma de Galicia. -estar ó corrente
das súas obrigas con Facenda Pública, coa CCAA e coa Seguridade
Social. -ter 5 ou máis empregados por conta allea -ter
encargado o traballo a realizar a unha empresa de consultoría.
|
5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Todos.
|
6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
Para poder ser
subvencionables os diagnósticos deberán referirse a un dos seguintes
alcances: -Integral, é dicir, analizando a empresa no seu
conxunto. -Análise da capacidade de internacionalización da
empresa
|
7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
-
|
8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
O custo da
elaboración do diagnóstico empresarial
|
9. CONTÍA
DAS AXUDAS |
Con carácter
xeral a subvención poderá acadar o 70% do seu custo de elaboración
do diagnóstico, podendo acadar ata 90% de subvención con suxección ó
réximen “de mínimis” nos seguintes casos: -Empresas que
desenvolvan algunha das actividades económicas establecidas no anexo
II. -Empresas de carácter familiar, entendendo por tales aquelas
que o 50% ou máis do seu capital social está en posesión da mesma
familia. -Empresas de carácter cooperativos ou baixo outras
fórmulas de economía social. En ningún caso a subvención acadada
por diagnóstico superará os 6.000 euros.
|
10. PRAZO
DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
Estas bases
terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derrogación
expresa.
|
11.
INCOMPATIBILIDADES |
Esta axuda será
incompatible con calqueira outras reguladas polo Igape.
|
12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 9
de maio de 2005 (DOG Nº93 do 16/05/2005)
|
13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Información e
tramitación: Oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica
(IGAPE) Teléfono: 902 300 903 www.igape.es
informa@igape.es
|
14.
OBSERVACIÓNS |
O diagnóstico
terá que ser validado na súa metodoloxía e contidos polos servizos
técnicos do Igape, comprometéndose tanto a empresa beneficiaria como
a consultora que realizará os traballos, a completar o seu contido
según as indicacións establecidas polos servizos técnico do
Igape.
|