INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

A axuda está vixente na actualidade
Resolución do 25 de abril de 2005 (DOG Nº84 do 03/05/2005)
Resolución do 20 de xuño de 2005 (DOG Nº122 do 27/06/2005) - Modificación do tipo de xuro
Texto completo da axuda
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR PROXECTOS EN MATERIA DE INNOVACIÓN TECNOLÓXICA
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Establecemento de liñas de financiamento subsidiado para a financiación de proxectos en materia de innovación tecnolóxica
3. TIPOS DE APOIO
Subsidiación ao tipo de xuro de préstamos.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Sociedades mercantís que:
- Desenvolvan proxectos de innovación na CCAA de Galicia (excepcionalmente empresas galegas para proxectos fóra de Galicia)
- Pertenzan ós sectores de actividade do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica. 2002-2005.
- Conten con alomenos un 30% de recursos propios do orzamento total do proxecto.

5. SECTORES INCENTIVABLES
Actividades económicas relacionadas no Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2002-2005.
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
Importe do préstamo: ata o 50% do orzamento do proxecto, excepcionalmente ata o 70%. Mínimo 60.000 € e máximo de 300.000 euros. Límite máximo de risco vivo por prestamista: 600.000 euros

Prazo de amortización: ata 7 anos. Carencia segundo as características do proxecto

Tipo de xuro: variable: Euribor a seis meses máis 0,50 p.p.
Liquidación de xuros e amortización: a liquidación de xuros será semestral sen prexuízo dos períodos de carencia que se establezan. Os prazos de devolución determinaranse contractualmente dentro dos límites establecidos.

7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
Con carácter previo á súa resolución, o Igape solicitará o informe da Consellería de Innovación, Industria e Comercio respecto do grao de innovación e viabilidade técnica do proxecto, que deberá ser favorable para a concesión do préstamo.
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
1.1. Actividades de desenvolvemento relativas a:
a) Investigación industrial - que teña por obxecto a adquisición de novos coñecementos de utilidade para a creación de novos produtos, procesos ou servizos, ou contribuír a mellorar os existentes.

b) Actividades de desenvolvemento precompetitivas: materialización dos resultados da investigación industrial nun plano, bosquexo ou deseño para produtos, procesos ou servizos novos, modificados ou mellorados, destinados á súa venda ou á súa utilización, incluída a creación dun primeiro prototipo non comercializable. Pode abranguer tamén, a formulación conceptual e os deseños doutros produtos, procesos ou servizos.

c) Proxectos de demostración, destinados ao desenvolvemento de experiencias piloto ou demostracións para aplicacións industriais ou para a súa explotación comercial.

1.2. Implantación de proxectos de innovación dirixidos á produción directa de novos produtos, á creación de novos procesos ou á prestación de novos servizos ou a obter melloras substanciais nos xa existentes.

9. CONTÍA DAS AXUDAS
O tipo de xuro variará por semestres naturais
O tipo de xuro nominal dos préstamos que se formalicen no primeiro semestre de 2005 será o 2,644%.

10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Estas bases terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derogación expresa.
11. INCOMPATIBILIDADES
O préstamo será compatible con outras fontes de financiamento públicas e/ou privadas, tanto subvencións como préstamos. O importe do préstamo do Igape limitarase á parte que non cubran as ditas fontes de financiamento alternativas
12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 25 de abril de 2005 (DOG Nº84 do 03/05/2005)
Resolución do 20 de xuño de 2005 (DOG Nº122 do 27/06/2005) - Modificación do tipo de xuro
13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
Teléfono: 902 300 903.
www.igape.es, informa@igape.es

14. OBSERVACIÓNS
-
 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal