FICHA EN WORD |
VIXENCIA |
*
LEXISLACIÓN |
Xerar
documento de Word imprimible. |
A data de vixencia da axuda
é 31/12/2005 |
|
|
|
ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción
Económica
|
1. TÍTULO
DO PROGRAMA / AXUDA |
AVAIS PARA A
ADQUISICIÓN DE DEREITOS DE PESCA
|
2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Establecemento
duna liña de avais para financiar a adquisición de dereitos de pesca
por parte de agrupacións de productores para o acceso da flota
galega a caladoiros.
|
3. TIPOS
DE APOIO |
Avais.
|
4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Persoas
xurídicas das que os seus socios sexan maioritariamente armadores de
buques de pesca con bandeira española e porto base na Comunidade
Autónoma de Galicia.
|
5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Sector
pesqueiro.
|
6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
- Importe dos
préstamos a garantir polo IGAPE: ata o 100% do investimento
subvencionable. - Serán investimentos financiables os que se
realicen con posterioridade ó 1 de xaneiro de 2004, pendentes de
pagamento á data de solicitude ou pagados mediante préstamos ou
créditos ponte formalizados con entidades financieras con
posterioridade á primeira data citada. - Prazo de amortización:
ata 15 anos, incluído 1 ano de carencia como máximo (cotas
semestrais iguais). - Tipo de xuro: variable. Para o 2º semestre
do 2005, 2,144% revisable semestralmente Euríbor 6 meses + ata 0,75
puntos. - As garantías outorgadas polo IGAPE consistirán na
prestación de aval subsidiario ante as entidades financeiras. -
O importe de cobertura do aval do IGAPE será do 50% do principal de
cada préstamo. - O prazo de vixencia da garantía será como
máximo de 7 anos. - As condicións de execución dos avais
prestados polo IGAPE ó abeiro deste convenio serán: 1. Unha vez
notificada notarialmente á avalada a rescisión do préstamo ou
vencido o seu prazo de vixencia sen que se procedese ó seu abandono,
e requirida ésta de pago, a entidade financiera deberá notificar
notarialmente ó IGAPE tal rescisión, achegando certificación
intervida por fedatario público do saldo vivo pendente de amortizar
á data de peche da conta e os xustificantes das disposicións do
préstamo. 2. O aval será executivo a demanda da entidade
financiera dende o momento que esta acredite ó IGAPE que, ademáis,
cumpriuse algunha das seguintes condicións: a) que fose
declarado o concurso ou admitida a trámite xudicial a solicitude de
declaración de concurso da empresa avalada b) que transcorreron
180 días dende a data de requerimento notarial á abalada
reclamándolle o reembolso das cantidades pendentes, e ademáis se
interpuxese demanda xudicial reclamando o cobro adebedado.
|
7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
Non se require
cualificación específica.
|
8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
Operacións de
adquisición de dereitos de acceso ós caladoiros nas seguintes
modalidades: a) Adquisición directa de dereitos de acceso ás
pesquerías. b) Adquisición de buques que teñan acumulados
dereitos de acceso ás pesquerías. Nesta modalidade, o buque ó que
estean asociados os dereitos de pesca será revendido ou destinado á
paralización defitinitiva conforme á lexislación vixente. Os
importes obtidos pola venda do buque sen dereitos de pesca ou a
prima que se perciba pola paralización definitiva, destinaranse á
amortización anticipada do préstamo. c) A adquisición da
totalidade do capital social de sociedades mercantís que teñan como
único inmobilizado buques que gocen de dereito de acceso ás
pesquerías.
Os dereitos de acceso ós caladoiros adquiridos
pola beneficiaria serán distribuidos entre os seus partícipes
interesados. A cesión de dereitos farase mediante venda ou
arrendamento con opción a compra polo mesmo periodo do préstamo.
|
9. CONTÍA
DAS AXUDAS |
O importe de
cobertura do aval do IGAPE será do 50% do principal de cada
préstamo. O prazo de vixencia da garantía será como máximo de 7
anos. En canto ó tipo de xuro, será variable revisable
semestralmente Euríbor 6 meses + ata 0,75 puntos.
|
10. PRAZO
DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
O prazo para a
presentación de solicitudes de aval na entidade financeira rematará
o 31 de decembro de 2005.
|
11.
INCOMPATIBILIDADES |
Non se
indican.
|
12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 5
de novembro de 2004 (DOG Nº222 do 15/11/2004) Corrección de
erros - Resolución do 5 de novembro de 2004 (DOG Nº234 do
01/12/2004) Resolución do 14 de decembro de 2004 (DOG Nº247 do
22/12/2004) Resolución do 20 de xuño de 2005 (DOG Nº122 do
27/06/2005) - Modificación do tipo de xuro
|
13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Oficinas do
Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Teléfono: 902
300 903. www.igape.es, informa@igape.es
|
14.
OBSERVACIÓNS |
-
|