FICHA EN WORD |
VIXENCIA |
*
LEXISLACIÓN |
Xerar
documento de Word imprimible. |
A data de vixencia da axuda
é 30/11/2006 |
|
|
|
ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción
Económica
|
1. TÍTULO
DO PROGRAMA / AXUDA |
APOIO FINANCEIRO
2004-2006 AO SECTOR DO TRANSPORTE PÚBLICO POR ESTRADA DE GALICIA
PARA A RENOVACIÓN DA FLOTA DE VEHÍCULOS
|
2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Proxectos de
novo investimento en elementos de transporte, dirixidos a mellorar a
competitividade das pemes.
|
3. TIPOS
DE APOIO |
Subsidiación ao
tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro.
|
4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
As empresas
pertencentes ó sector do transporte público que estean dadas de alta
nalgún do seguintes epígrafes do I.A.E.: - 721.3: Transporte de
viaxeiros por estrada - 722: Trasnporte de mercadorías por
estrada
|
5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Transporte de
viaxeiros ou mercadorías por estrada.
|
6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
- Investimento
subvencionable: mínimo 60.000 €. - Importe do contrato de
arrendamento financeiro: mínimo 60.000 € e máximo 3.000.000 €. -
O importe con dereito a subsidiación dos contratos de arrendamento
non poderá superar o 95% do investimento considerado subvencionable.
- O beneficiario deberá facer unha entrega a conta do total a
financiar mínima do 5%. - Duración dos contratos: Mínima de 2
anos e máxima de 7 anos. - Tipo de xuro: prazo entre 24 e 36
meses, fixo. Prazo entre 37 e 84 meses, fixo ou variable. Fixo:
3,85% para operacións formalizadas en 2005. Variable: 3,35% para
operacións formalizadas en 2005. Próximos exercicios: Euríbor 6
meses + ata 1,15. Comisións: ata o 1% por todos os conceptos. -
Os bens deberán manterse durante a vixencia do contrato e por un
período mínimo de 5 anos dende a formalización do contrato de
arrendamento financeiro e a empresa beneficiaria deberá
comprometerse a exercer a opción de compra á expiración do contrato
subsidiado. - Se a solicitude de axuda financeira para proxectos
de investimento por importe a subsidiar é superior a 800.000 €,
deberán cumprir, ademais, as seguintes condicións de estabilidade
laboral en relación aos centros de traballo radicados en Galicia:
- Empresas existentes: que polo menos o 40% do cadro de persoal
correspondente á data de solicitude teña contratos por tempo
indefinido. - Empresas de nova creación: deberán comprometerse a
acadar, como mínimo, o 40% de estabilidade laboral.
|
7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
Non se require
cualificación específica.
|
8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
Os conceptos de
investimento subvencionable deberán realizarse en inmobilizado
material novo que se materialice en: Elementos de transporte
destinados á substitución dun vehículo usado de similares
características (excluido o IVE e outros tributos do coste de
adquisición).
|
9. CONTÍA
DAS AXUDAS |
Para as
solicitudes presentadas no 2005, a subsidiación será de 3 puntos,
sendo o tipo de xuro resultante para o beneficiario non inferior ao
1%.
|
10. PRAZO
DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
O prazo de
presentación de solicitudes de subsidiación nas entidades
financeiras finalizará de acordo ao establecido a continuación:
Para operacións solicitadas con cargo á cantidade asignada á
entidade de crédito para o ano 2005, ao 30 de novembro dese ano.
Para operacións solicitadas con cargo á cantidade asignada á
entidade de crédito para o ano 2006, ao 30 de novembro dese
ano.
|
11.
INCOMPATIBILIDADES |
Non poderán
acollerse ás axudas aqueles proxectos que se vaian financiar, en
todo ou en parte, mediante créditos, préstamos ou contratos de
leasing que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellorar
as condicións financeiras respecto ás normais do mercado.
|
12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 14
de maio de 2004 (DOG Nº100 do 26/05/2004) Corrección de erros -
Resolución do 14 de maio de 2004 (DOG Nº106 do 03/06/2004)
Resolución do 17 de decembro de 2004 (DOG Nº252 do 29/12/2004)
|
13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Tramitación: As
solicitudes presentaranse nas entidades financeiras colaboradoras.
Información: Oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica
(IGAPE) Teléfono: 902 300 903 www.igape.es informa@igape.es
|
14.
OBSERVACIÓNS |
-
|