FICHA EN WORD |
VIXENCIA |
*
LEXISLACIÓN |
Xerar
documento de Word imprimible. |
A axuda está vixente na
actualidade |
|
|
|
ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción
Económica
|
1. TÍTULO
DO PROGRAMA / AXUDA |
REGULACIÓN DE
AVAIS.
|
2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Prestación de
avais a empresas beneficiarias diante das entidades de crédito ou
establecementos financeiros legalmente establecidos. Os avais terán
algunha destas finalidades: Avais para apoiar plans de
viabilidade de empresas. Avais para apoiar accións que sexan
consecuencia de plans e programas sectoriais de competitividade, así
como aquelas que, con igual finalidade, poñan en marcha empresas ou
grupos empresariais de especial interese socio-económico para
Galicia. Avais para o apoio e promoción de novas empresas ou
ampliación das existentes.
|
3. TIPOS
DE APOIO |
Avais.
|
4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Poderán ser
destinatarios dos avais as pequenas e medianas empresas privadas,
participadas ou non polo Igape que, tendo o domicilio no territorio
da Comunidade Autónoma de Galicia, destinen integramente os créditos
e liñas de financiamento que se avalan á creación, ampliación,
reconversión e reestruturación delas, dentro do plan
económico-financeiro para o efecto elaborado. As pequenas e
medianas empresas non domiciliadas en Galicia poderán ser apoiadas
para estas finalidades se destinan integramente as operacións
obxecto de aval ás unidades produtivas situadas en Galicia.
Aquelas empresas que, sen ter a condición de peme, pertenzan a
un sector considerado prioritario ou sexan obxecto dun plan de
viabilidade segundo acordo en ambos os casos da Comisión Delegada
para Asuntos Económicos. Poderán avalarse as empresas polas
operacións ou actividades que resulten de especial interese
socio-económico para Galicia, segundo acordo da Comisión Delegada da
Xunta de Galicia para Asuntos Económicos. O Igape poderá
reavalar, ante as sociedades de garantía recíproca domiciliadas en
Galicia, o risco que estas asuman como primeiras avalistas por
aquelas operacións acollidas aos programas de fomento empresarial
que para tal efecto se aproben.
|
5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Todos.
|
6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
A duración dos
avais que conceda o Igape non excederá dos seguintes prazos: 5
anos nos casos de reconversión e reestruturación de empresas, así
como nas operacións ou actividades que resulten de especial interese
socio-económico para Galicia, segundo acordo da Comisión Delegada da
Xunta de Galicia para Asuntos Económicos. 7 anos para os
supostos de creación ou ampliación de empresas. As garantías
outorgadas polo Igape consistirán na prestación de aval ás empresas
beneficiarias perante as entidades de crédito ou establecementos
financeiros de crédito legalmente establecidos. Os avais teñen
carácter subsidiario. O contrato de aval establecerá as
condicións específicas e garantías que se lle esixirán á empresa
avalada, xa sexan dos seus socios, doutras persoas ou da propia
empresa. As garantías estableceranse en función do tipo e a natureza
das operacións avaladas. Os avais prestados polo Igape
producirán unha comisión da que se determinará o importe en función
da contía e prazo do aval, así como do custo dos avais no mercado
financeiro. En todo caso, a comisión anual non será superior ao 1%
do importe do aval.
|
7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
Presentar un
plan económico-financeiro, elaborado por unha auditoría
independente, para facer viable a continuidade das
empresas.
|
8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
Poderanse avalar
créditos e liñas de financiamento para a creación, ampliación,
reconversión e reestruturación das empresas. Operacións ou
actividades que resulten de especial interese socio-económico para
Galicia. Tamén se poderá reavalar o risco que asuman as
sociedades de garantía recíproca domiciliadas en Galicia, como
primeiras avalistas por aquelas operacións acollidas aos programas
de fomento empresarial que, para o efecto, sexan aprobados.
|
9. CONTÍA
DAS AXUDAS |
Os avais
axustaranse aos seguintes límites: Non excederán para cada caso
do 5% da contía global establecida na lei de orzamentos de cada ano
para os avais do Igape. Poderán garantir ata o cen por cento do
principal dos créditos e demais liñas ou operacións financeiras
destinadas a reconversión ou reestruturación de empresas e ata o
setenta por cento dos destinados á creación ou ampliación. Respecto
dos xuros, aplicarase o que se determine no contrato do aval.
|
10. PRAZO
DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
Estas bases
terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derrogación
expresa.
|
11.
INCOMPATIBILIDADES |
Non se
indican.
|
12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Decreto
284/1994, do 15 de setembro de 1994 (DOG do venres 30 de setembro de
1994). Decreto 132/1995, do 10 de maio de 1995 (DOG do luns 15
de maio de 1995). Resolución do 10 de xullo de 1995 (DOG do
martes 18 de xullo de 1995). Decreto 302/1999, do 17 de novembro
de 1999 (DOG do xoves 25 de novembro de 1999).
|
13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Instituto Galego
de Promoción Económica (Igape). Teléfono: 902 300 903
www.igape.es, informa@igape.es
|
14.
OBSERVACIÓNS |
-
|