INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

A axuda está vixente na actualidade
Decreto 133/2002 do 11 de abril de 2002 (DOG Nº 78 do 23/04/02)
Resolución do 26 de abril de 2002 (DOG Nº87 do 07/05/02)
Resolución do 7 de xullo do 2003 (DOG Nº136 do 15/07/2003)
Resolución do 2 de decembro de 2003 (DOG Nº239 do 10/12/2003)
Resolución do 20 de xuño de 2005 (DOG Nº122 do 27/06/2005) - Modificación do tipo de xuro
Texto completo da axuda
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR PRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS EN GALICIA.
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Financiar a realización de producións audiovisuais: longametraxes, películas para a televisión, documentais, animación, mini-series de ficción e programas piloto de series de televisión.
3. TIPOS DE APOIO
Préstamo directo.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Empresas do sector audiovisual domiciliadas en Galicia que realicen actividades na comunidade autónoma ou que teñan un impacto significativo no seu desenvolvemento económico.
5. SECTORES INCENTIVABLES
Sector audiovisual.
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
Características do préstamo:
Importe do financiamento: en xeral, ata o 50% do orzamento do proxecto, podendo acadar, excepcionalmente, ata un 70%. En calquera caso, existe un límite máximo de 900.000 €.
Límite máximo de risco vivo por prestameiro, non poderá ser superior a 1,8 millóns de euros.
O prazo de vixencia do préstamo será en xeral de 3 anos, podéndose acadar os 5 anos cando as necesidades do proxecto o xustifiquen.
O tipo de xuro será variable (Euríbor 6 meses (2º semestre 2005: 2.144) + 0,50 p. p.).
O proxecto que presenten as empresas, deberá ser viable desde o punto de vista técnico e económico-financeiro e deberá ser relevante para o desenvolvemento de Galicia.
O proxecto deberá prever unha difusión que supere o territorio de Galicia.
No proxecto deberán participar maioritariamente produtoras con enderezo social e fiscal en Galicia, ou ben, que as ditas produtoras desempeñen a produción executiva, sempre que neste caso participen como mínimo nun 20% da produción.

7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
O proxecto debe ser viable técnica, económica e financeiramente.
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
As operacións financeiras destinaranse a atender os gastos e investimentos para a implantación e desenvolvemento do proxecto empresarial.
9. CONTÍA DAS AXUDAS
Préstamos de ata o 50% do orzamento do proxecto, podendo acadar ata un 70% co límite máximo de 900.000 €.
10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Estas bases terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derrogación expresa.
11. INCOMPATIBILIDADES
Non se indican.
12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Decreto 133/2002 do 11 de abril de 2002 (DOG Nº 78 do 23/04/2002)
Resolución do 26 de abril de 2002 (DOG Nº87 do 07/05/2002)
Resolución do 7 de xullo do 2003 (DOG Nº136 do 15/07/2003)
Resolución do 2 de decembro de 2003 (DOG Nº239 do 10/12/2003)
Resolución do 14 de decembro de 2004 (DOG Nº247 do 22/12/2004)
Resolución do 20 de xuño de 2005 (DOG Nº122 do 27/06/2005) - Modificación do tipo de xuro
13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
Teléfono: 902 300 903
www.igape.es, informa@igape.es

14. OBSERVACIÓNS
-
 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal