FICHA EN WORD |
VIXENCIA |
*
LEXISLACIÓN |
Xerar
documento de Word imprimible. |
A axuda está vixente na
actualidade |
|
|
|
ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción
Económica
|
1. TÍTULO
DO PROGRAMA / AXUDA |
AXUDAS DE
SALVAMENTO E REESTRUTURACIÓN A EMPRESAS EN CRISE.
|
2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Favorecer a
volta á viabilidade técnica e económica das empresas galegas que se
atopen nunha situación de crise, mediante a concesión de axudas de
salvamento e/ou reestruturación.
|
3. TIPOS
DE APOIO |
Garantías e
axudas a tempo perdido.
|
4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Empresas galegas
que, atopándose en situación de dificultade e sendo incapaces de
reestruturarse cos seus propios recursos ou con fondos obtidos dos
seus accionistas ou acreedores, pretendan acometer un plan de
reestruturación que asegure a súa viabilidade futura. En xeral, os
beneficiarios serán pemes.
|
5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Todos os
sectores.
|
6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
Poderán ser
beneficiarias as empresas que cumpran polo menos un dos seguintes
requisitos: Se é unha sociedade de responsabilidade limitada:
que teña desaparecido máis da metade do seu capital subscrito e que
se teña perdido máis dunha cuarta parte deste nos derradeiros 12
meses. Se é unha sociedade de responsabilidade ilimitada: que
teñan desaparecido máis da metade dos seus fondos propios, de acordo
coa súa contabilidade, e que teñan perdido máis dunha cuarta parte
dos mesmos nos derradeiros doce meses. Para todas as formas de
empresa: Que reúna as condicións establecidas no ordenamento
xurídico para someterse a un procedemento de quebra ou insolvencia.
Non poderán acollerse a estas axudas as empresas de nova
creación (aquelas nas que a data de constitución ou inicio de
actividade sexa inferior a un ano), nin as que xurdan da liquidación
ou da absorción de activos doutra empresa distinta.
|
7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
Plan de
Reestruturación: é requisito indispensable para a concesión de
axudas de reestruturación a validación polo Igape do plan de
reestruturación presentado pola empresa.
|
8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
Axudas de
salvamento: Concesión de garantías sobre préstamos ou créditos a
curto prazo, que sexan necesarios para o mantemento operativo da
actividade da empresa mentres se elabora o seu plan de
reestruturación. Axudas de reestruturación: Garantías de
como máximo o 70% sobre préstamos ou créditos. Subvencións a
fondo perdido dos gastos financeiros de préstamos destinados á
cancelación de pasivos a curto prazo ou á ampliación de capital
necesarios segundo o plan de reestruturación. Subvencións a
fondo perdido dos gastos de consultoría ou contratación dunha
xerencia profesionalizada, necesarios para o desenvolvemento de
actuacións dirixidas a mellorar a súa capacidade competitiva e cando
así se indique no plan de reestruturación.
|
9. CONTÍA
DAS AXUDAS |
Ver apartado
anterior.
|
10. PRAZO
DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
Estas bases
terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derrogación
expresa.
|
11.
INCOMPATIBILIDADES |
Estas axudas son
incompatibles con calquera outra das reguladas polo Igape. Non
obstante, cando o Plan de Reestruturación conteña actuacións
dirixidas a recuperar a capacidade competitiva da peme, e unha vez
acometido o proceso de reestruturación, o dito plan poderá servir de
base para a solicitude de axudas do Igape reguladas nas bases de
apoio aos proxectos empresariais de investimento ou de apoio á
continuidade e mellora competitiva da peme galega. Estas axudas
serán compatibles con calquera outra das establecidas por calquera
Administración pública, institución ou ente público sempre e cando
non se superen, en termos de subvención neta equivalente, os límites
máximos de axuda previstos na normativa comunitaria para as empresas
en crise.
|
12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 13
de xullo de 2001 (DOG 23/07/01).
|
13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Instituto Galego
de Promoción Económica (Igape). Teléfono: 902 300 903
www.igape.es, informa@igape.es
|
14.
OBSERVACIÓNS |
AA contía das
axudas de reestruturación avaliarase baixo os seguintes criterios:
Localización da empresa. Sector de actividade. Impacto
estimado do peche da empresa sobre a actividade económica e o
emprego da súa zona de influencia. Necesidade de apoio para
asegurar a súa viabilidade en relación cos recursos propios
achegados pola solicitante.
|