INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

A data de vixencia da axuda é 31/12/2006
Texto completo
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
SUBVENCIÓNS PARA A POSTA EN MARCHA DE CENTROS RESIDENCIAIS PARA MAIORES ASISTIDOS DE INICIATIVA PRIVADA.
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Incentivar os investimentos en infraestruturas dedicadas a centros residenciais para maiores asistidos.
3. TIPOS DE APOIO
Subvención a fondo perdido.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Sociedades mercantís que teñan por actividade a xestión de centros residenciais para maiores asistidos e proxecten a radicación con carácter permanente dalgún centro en Galicia.
5. SECTORES INCENTIVABLES
Sector de servizos a terceira idade.
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
Autofinanciamento mínimo do 30% do proxecto.
Que se incardine no Plan Galego de Persoas Maiores 2001-2006.
O centro teña unha capacidade de como mínimo 150 prazas residenciais e un número de cuartos maioritariamente individuais dotados dun servizo hixiénico propio.
Que o proxecto sexa compatible coa creación dun servizo de atención diúrna/centro de día para maiores.
A concepción arquitectónica deberá contribuír a: potenciar a autonomía física, respectar a privacidade, acadar a seguridade psíquica, atender a criterios de concepción socio-recreativa do centro e facilitar o labor do persoal polo que atinxe ao desenvolvemento das súas funcións.

7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
O Igape solicitará o informe da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais respecto á localización e as características asistenciais do proxecto proposto, que deberá ser favorable para a concesión da axuda.
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
Gastos de investimento:
Adquisición de terreos.
Traídas e acometidas de servizos.
Urbanización e obras exteriores adecuadas ás necesidades dos proxectos.
Obra civil.
Bens de equipo.
Outros investimentos en activos fixos materiais.
Traballos, estudos de planificación, enxeñería do proxecto e dirección facultativa.
Aplicacións informáticas, propiedade industrial e intelectual, incluíndo gastos de investigación e desenvolvemento, que realice a propia empresa, e outros activos intanxibles ligados ao investimento, en contía non superior ao 25% do investimento total aprobado no proxecto.
Outros gastos ligados ao investimento:
Gastos financeiros vinculados ás operacións de préstamo, crédito ou arrendamento financeiro, ata un máximo do 75% do investimento subvencionable, destinados a financiar o proxecto de investimento, á cancelación de pasivos a curto prazo que se formalizasen para a financiación destes investimentos ou ás achegas de capital que o financien e que se xeren durante os 5 primeiros anos desta operación.
No caso de proxectos de primeiro establecemento dunha empresa ou centro de actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, os aprovisionamentos necesarios para o inicio da actividade. O seu importe non poderá ser superior ao 10% da facturación prevista no primeiro exercicio económico completo. Tamén poderán computarse as asistencias técnicas para a elaboración de estudos vinculados á toma de decisión de acometer o proxecto de investimento.

9. CONTÍA DAS AXUDAS
O Igape concederá subvencións a fondo perdido do 10% do investimento subvencionable, investimento que terá como límite 5.409.108,94 €.
Cando os centros residenciais obteñan o permiso de inicio de actividades, a Consellería de Sanidade e Servizos Sociais comprométese a subscribir cos seus titulares convenios de reserva e ocupación de prazas, de tipoloxía asistida, de aproximadamente un 40% da capacidade asistencial de cada residencia, coa finalidade de incrementar a cobertura da rede asistencial pública. A colaboración terá unha vixencia aproximada de trinta anos e un prezo estimado de 36,06 €/día.

10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O convenio estende a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2006.
11. INCOMPATIBILIDADES
Estas axudas serán incompatibles con calquera outra das reguladas no Igape.
Estas axudas serán compatibles con calquera outra das establecidas por calquera Administración pública, institución ou ente público sempre e cando non se sobrepasen, en termos de subvención neta equivalente, a porcentaxe do 40% sobre o investimento subvencionable, salvo nos casos de pemes, nos que poderá alcanzarse ata o 55%.

12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 7 de novembro de 2001 (DOG 14/11/01).
Resolución do 6 de febreiro de 2004 (DOG 23/02/04).

13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
Teléfono: 902 300 903
http://www.igape.es, informa@igape.es

14. OBSERVACIÓNS
No período 2001-2006 poderanse beneficiar das axudas previstas neste convenio ata 21 proxectos para maiores asistidos de acordo co mapa de prioridades establecido pola Dirección Xeral de Servizos Sociais.
 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal