FICHA EN WORD |
VIXENCIA |
*
LEXISLACIÓN |
Xerar
documento de Word imprimible. |
A axuda está vixente na
actualidade |
|
|
|
ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción
Económica
|
1. TÍTULO
DO PROGRAMA / AXUDA |
MEDIDAS DE APOIO
A PROXECTOS AMBIENTAIS.
|
2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Incentivar os
investimentos de iniciativa privada que promovan novos proxectos de
protección e mellora ambientais e contribúan ao desenvolvemento
sustentable.
|
3. TIPOS
DE APOIO |
Subvención a
fondo perdido.
|
4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Sociedades
mercantís que vaian implantar un proxecto de investimento en Galicia
dedicado á realización das tipoloxías de proxectos indicadas no
apartado 6.
|
5.
SECTORES INCENTIVABLES |
O sector
ambiental.
|
6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
Poderán ser
obxecto de apoio os proxectos que se incardinen nalgunha das
seguintes tipoloxías: A implantación de proxectos de tratamento
de residuos. Fabricación de equipamento para instalacións de
xestión e tratamento de residuos, redución ou eliminación da
contaminación. Fabricación de produtos terminados considerados
de interese ecolóxico. Pola súa parte, a empresa solicitante
deberá cumprir os seguintes requisitos: Ter radicados ou prever
a radicación dalgún centro de actividade de carácter permanente na
Comunidade Autónoma de Galicia. Presentar un proxecto no que o
orzamento de investimento subvencionable ascenda como mínimo a
600.000 €. Que sexa viable técnica, económica e financeiramente.
Achegar un autofinanciamento de polo menos un 30%.
Comprometerse a manter unha determinada composición no
accionariado nos supostos en que este represente un elemento
substancial para garantir a viabilidade do proxecto.
|
7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
Acta de
presenza: no prazo dos 15 días seguintes á presentación da
solicitude, deberá presentarse no Igape acta notarial de presenza
que reflicte a non iniciación dos investimentos para as que solicita
a axuda ou estado de execución das mesmas. Plan estratéxico:
plan que defina as perspectivas de futuro da empresa, documento
obrigatorio para proxectos con orzamento superior a 3.000.000 €.
|
8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
Gastos de
investimento realizados en : Adquisición de terreos, necesarios
para acometer o proxecto. Traídas e conexións de servizos.
Urbanización e obras exteriores adecuadas ás necesidades do
proxecto. Obra civil. Bens de equipo. Outros
investimentos en activos fixos materiais. Traballos, estudos de
planificación, enxeñería de proxecto e dirección facultativa.
Aplicacións informáticas, propiedade industrial e intelectual,
incluíndo gastos de investigación e desenvolvemento que realice a
propia empresa e outros activos intanxibles ligados ao investimento,
en contía non superior ao 25% do investimento total aprobado no
proxecto. Outros gastos ligados ao investimento: Gastos
financeiros vinculados ás operacións de préstamo, crédito ou
arrendamento financeiro, ata un máximo do 75% da inversión
subvencionable, destinado a financiar o proxecto inversor, á
cancelación de pasivos a curto prazo que se formalizasen para a
financiación destes investimentos ou ás achegas de capital que o
financien e que se xeren durante os 5 primeiros anos desta
operación. No caso de proxectos de primeiro establecemento dunha
empresa ou centro de actividade na Comunidade Autónoma de Galicia,
os aprovisionamentos necesarios para o inicio da actividade. O seu
importe non poderá ser superior ao 10% da facturación prevista no
primeiro exercicio económico completo. Tamén poderán computarse as
asistencias técnicas para a elaboración de estudos vinculados á toma
de decisión de acometer o proxecto inversor.
|
9. CONTÍA
DAS AXUDAS |
Axuda mínima do
15% do importe do investimento subvencionable.
|
10. PRAZO
DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
Estas bases
terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derrogación
expresa.
|
11.
INCOMPATIBILIDADES |
Estas axudas
serán compatibles con calquera outra das establecidas por calquera
Administración pública, institución ou ente público sempre e cando
non se exceda, en termos de subvención neta equivalente, a
porcentaxe do 40% sobre o investimento subvencionable, salvo nos
casos de pemes, nos que poderá acadarse ata o 55%.
|
12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 28
de marzo de 2003 (DOG do 31/03/2003) Resolución do 4 de xaneiro
de 2005 (DOG Nº6 do 11/01/2005)
|
13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Instituto Galego
de Promoción Económica (Igape). Teléfono: 902 300 903
www.igape.es, informa@igape.es
|
14.
OBSERVACIÓNS |
-
|