FICHA EN WORD |
VIXENCIA |
*
LEXISLACIÓN |
Xerar
documento de Word imprimible. |
A data de vixencia da axuda
é 31/12/2006 |
|
|
|
ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción
Económica
|
1. TÍTULO
DO PROGRAMA / AXUDA |
INCENTIVOS
ECONÓMICOS REXIONAIS.
|
2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Fomento do
desenvolvemento económico rexional a través do apoio financeiro á
implantación de proxectos empresariais na Comunidade Autónoma de
Galicia, co obxecto de correxir os desequilibrios territoriais
existentes.
|
3. TIPOS
DE APOIO |
Subvención a
fondo perdido.
|
4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Sociedades
mercantís que vaian implantar un proxecto de investimento en
Galicia.
|
5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Industrias
extractivas e transformadoras, especialmente as que apliquen
tecnoloxías avanzadas ou utilicen enerxías alternativas.
Industrias agroalimentarias, de acuicultura e de transformación
e conserva de produtos pesqueiros. Servizos de apoio industrial
e os que melloren significativamente as estruturas comerciais da
zona. Establecementos de aloxamento hoteleiro, campamentos de
turismo, aloxamentos de turismo rural e instalacións complementarias
de ocio de especial interese, así como ofertas para o turismo
especializado con incidencia no desenvolvemento na zona.
|
6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
Inversión mínima
de 600.000 €. Viabilidade técnica, económica e financeira.
Autofinanciación mínima do 30% da inversión aprobada.
|
7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
Acta de
presenza: en data posterior á presentación da solicitude de
subvención, o interesado deberá levantar acta notarial que reflicta
a non iniciación dos investimentos para os que solicita a axuda ou o
estado da súa execución.
|
8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
Adquisición dos
terreos necesarios para a implantación do proxecto. Traídas e
acometidas de servizos. Urbanización e obras exteriores
adecuadas ás necesidades do proxecto. Obra civil. Bens de
equipo. Traballos de planificación, enxeñería de proxecto e de
dirección facultativa dos proxectos. Outros investimentos en
activos fixos materiais.
|
9. CONTÍA
DAS AXUDAS |
Os incentivos
rexionais que poderán concederse non poderán sobrepasar a porcentaxe
máxima do 40% sobre o investimento aprobado.
|
10. PRAZO
DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
O prazo de
vixencia da presente zona promocionable, aos efectos de solicitar os
incentivos, finalizará o 31 de decembro de 2006.
|
11.
INCOMPATIBILIDADES |
Esta axuda é
compatible co resto dos Programas de Axuda do Igape.
|
12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Lei 50/1985 do
27 de decembro, de incentivos rexionais para a corrección de
desequilibrios económicos interterritoriais. Real decreto
1535/1987, do 11 de decembro. Real decreto 302/1993, do 26 de
febreiro. Real decreto 2315/1993, do 29 de decembro. Real
decreto 78/1997, do 24 de xaneiro. Real decreto 568/1988, BOE do
8 de xuño de 1988. Orde do 23 de maio de 1994, BOE do 8 de xuño
de 1994.
|
13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Instituto Galego
de Promoción Económica (Igape) – Ministerio de Economía
Teléfono: 902 300 903 www.igape.es, informa@igape.es
|
14.
OBSERVACIÓNS |
A porcentaxe de
subvención gardará relación coa contía total do investimento
aprobado, co número de postos de traballo creados, e valorarase
especialmente a utilización de factores produtivos da zona, a taxa
do valor engadido e, se é o caso, o incremento de produtividade, a
incorporación ao proxecto de tecnoloxía avanzada e o carácter
dinamizador do proxecto para a economía da
zona.
|