INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

A axuda está vixente na actualidade
Resolución do 11 de marzo de 2005 (DOG Nº 58 do 28/03/2005)
Corrección de erros - Resolución do 11 de marzo de 2005 (DOG Nº80 do 27/04/2005) - Corrección erros
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
PROXECTOS EMPRESARIAIS DE INVESTIMENTO.
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Incentivar proxectos de inversión que supoñan a creación, ampliación ou modernización das empresas e favorezan a creación de emprego.
3. TIPOS DE APOIO
Subvención a fondo perdido.
Servizos de apoio ao establecemento de novos proxectos, que constitúan a primeira implantación da empresa na Comunidade Autónoma de Galicia.

4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Sociedades mercantís que vaian implantar un proxecto inversor en Galicia.


5. SECTORES INCENTIVABLES
Serán subvencionables os proxectos de investimento en Galicia para a consolidación ou posta en marcha de actividades industriais, loxísticas, hoteleiras ou de servizos de apoio industrial, dirixidos a mellorar a súa competitividade, asignables a algunha das relacionadas no anexo IV
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
a.-Ter radicado ou prever a radicación dalgún centro de actividade de carácter permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
b.-Desenvolver unha actividade subvencionable no centro radicado en Galicia.
c.-Realizar un proxecto de investimento cun importe mínimo de 600.000 € e que sexa considerado viable técnica, económica e financeiramente a xuízo do Igape.
d.-Achegar para o proxecto de inversión unha autofinanciación mínima do 30%.
e.-Acreditar, para aquelas empresas non consideradas novas,no momento de presentar a solicitude, polo menos, un 50% de empregos con contrato indefinido. Esta porcentaxe reducirase o 45% para aquelas empresas novas. E deberán comprometerse a alcanzar ou mellorar a mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral.
f.-Comprometerse a crear polo menos tres postos de traballo con carácter indefinido nos seus centros de traballo en Galicia.
g.-Comprometerse a manter o emprego existente segundo o definido na base 13.4.1.a). En todo caso, o cómputo de emprego total existente ao final do prazo de vixencia deberá conservar ou mellorar a estrutura porcentual inicial de traballadores con contrato indefinido respecto ao total de traballadores.
h.-Comprometerse a manter unha determinada composición no accionariado nos supostos en que este represente un elemento substancial para garantir a viabilidade do proxecto.

7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
Acta de presenza: deberá entregarse no Igape acta notarial de presenza que reflicte a non iniciación dos investimentos en obra civil para as que solicita a axuda ou estado de execución destas.

8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
Gastos de inversión:
Adquisición de terreos.
Traídas e acometidas de servizos.
Urbanización e obras exteriores adecuadas ás necesidades dos proxectos.
Obra civil.
Bens de equipo.
Outros investimentos en activos fixos materiais.
Traballos, estudos de planificación, enxeñería do proxecto e dirección facultativa.
Aplicacións informáticas, propiedade industrial e intelectual, incluíndo gastos de investigación e desenvolvemento, que realice a propia empresa, e outros activos intanxibles ligados á inversión, en contía non superior ao 25% do investimento subvencionable.
Outros gastos ligados á inversión:
Gastos financeiros vinculados ás operacións de préstamo, ata un máximo do 70% da base subvencionable, destinados a financiar o proxecto inversor que se devengen durante os 5 primeiros anos desta operación.
No caso de proxectos de primeiro establecemento dunha empresa ou centro de actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, os aprovisionamentos necesarios para o inicio da actividade. O seu importe non poderá ser superior ao 10% da facturación prevista no primeiro exercicio económico completo. Tamén poderán computarse as asistencias técnicas para a elaboración de estudos vinculados á toma de decisión de acometer o proxecto de investimento.

9. CONTÍA DAS AXUDAS
Ata un máximo do 15% dos gastos subvencionables.
10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Estas bases terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derrogación expresa.
11. INCOMPATIBILIDADES
Estas axudas serán incompatibles con calquera outra das reguladas no Igape,agás as contidas no convenio de financiamento coas entidades financieiras partícipes do Fondo de Desenvolvemento INESGA para proxectos de investimento empresarial de especial interese para Galicia.
Estas axudas serán compatibles con calquera outra das establecidas por calquera administración pública, institución ou ente público sempre e cando non se sobrepasen, en termos de subvención neta equivalente, a porcentaxe do 40% sobre a inversión subvencionable, salvo nos casos de pemes, nos que poderá alcanzarse ata o 55%.


12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 11 de marzo de 2005 (DOG Nº 58 do 28/03/2005)
Corrección de erros - Resolución do 11 de marzo de 2005 (DOG Nº80 do 27/04/2005)


13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
Teléfono: 902 300 903 www.igape.es informa@igape.es

14. OBSERVACIÓNS
Con carácter complementario e en base ao seu interese estratéxico, o Igape poderá prestar de oficio servizos de apoio previos ao establecemento de novos proxectos, a favor daquelas empresas que pretendan implantarse por primeira vez na comunidade autónoma. Estes servizos poderán consistir, entre outros, en:
Información e asesoramento dos trámites a seguir para a implantación do proxecto.
Estudos necesarios para sustentar a decisión de implantación.
Xestións de busca de localizacións idóneas para o proxecto.
Tramitación ante organismos públicos de autorizacións ou permisos necesarios para a súa posta en marcha.
Facilitar contactos con outras empresas ligadas á súa actividade.
Para as solicitudes de axuda presentadas ata o 31 de decembro de 2006 aplicaranse os seguintes criterios:
Para proxectos de inversión localizados nos municipios da Costa da Morte que solicitaran as axudas de incentivos rexionais para a corrección de desequilibrios económicos interterritoriais, conten cunha proposta favorable de axuda ben do grupo de traballo ou do consello reitor previstos nesa lei, o Igape complementará a axuda resultante desta proposta ata alcanzar un mínimo do 35% de subvención sobre o importe de inversión subvencionable.
Para proxectos de inversión de nova implantación ou de ampliación con creación de emprego situado nos municipios de Lugo e Ourense que solicitaran as axudas de incentivos rexionais para a corrección de desequilibrios económicos interterritoriais, conten cunha proposta favorable de axuda ben do grupo de traballo ou do consello reitor previsto nesta lei, o Igape complementará a axuda resultante de dita proposta ata alcanzar un mínimo do 30% de subvención sobre o importe de inversión subvencionable.

 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal