FICHA EN WORD |
VIXENCIA |
*
LEXISLACIÓN |
Xerar
documento de Word imprimible. |
A axuda está vixente na
actualidade |
|
|
|
ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción
Económica
|
1. TÍTULO
DO PROGRAMA / AXUDA |
PRÉSTAMOS PARA
FINANCIAR PROXECTOS EMPRENDEDORES.
|
2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Contribuír ao
financiamento de proxectos emprendedores e iniciativas innovadoras
na Comunidade Autónoma de Galicia.
|
3. TIPOS
DE APOIO |
Préstamo
directo.
|
4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Persoas
xurídicas que presenten un proxecto previamente cualificado como
“Emprendedor” de acordo co establecido na base 5ª das bases
reguladoras de axudas do Instituto Galego de Promoción Económica
para o Programa Emprendedores, e que o dito proxectorequira para a
súa maduración e viabilidade unha achega financeira en condicións
favorables, dentro do período de vicencia da citada
cualificación.
|
5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Serán
subvencionables as actividades económicas seguintes: A
extracción, procesamento, transformación ou comercialización das
producións agrícolas, pesqueiras, gandeiras, forestais, minerais,
produtos enerxéticos e os seus derivados. A industria
manufactureira, o comercio, o turismo, a construción, a artesanía ou
os servizos. A creación de redes de abastecemento, transporte,
distribución e comercialización. As actividades de electrónica,
biotecnoloxía, robótica, audiovisual, telemática, telecomunicación,
e calquera outra de avanzada tecnoloxía, así como os procesos de
creación intelectual propios das ditas actividades. A
fabricación ou comercialización de bens de equipo ou unidades
produtivas relacionadas con calquera das actividades sinaladas
anteriormente.
|
6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
Importe: mínimo
25.000 € e máximo 600.000 €. Ata o 50% do presuposto do
proxecto. Tipo de xuro: Euríbor 6 meses (2o. semestre 2005:
2.144) + 0,50 p. p. Prazo de amortización: ata 7 anos.
Garantías: o Igape tomará as garantías que considere adecuadas
segundo as características de cada operación.
|
7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
Cualificación de
“Emprendedor”, outorgable polo Igape.
|
8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
Activos fixos
materiais necesarios para o inicio da actividade empresarial:
terreos, urbanizacións e acometidas de servizos, obra civil,
maquinaria, bens de equipo e traballos técnicos necesarios para a
implantación produtiva. Activos de carácter intanxible:
propiedade intelectual e industrial, incluíndo licenzas de
fabricación, patentes e o canon fixo de franquías no seu primeiro
ano. Aprovisionamentos necesarios para o inicio e posta en
marcha do proxecto.
|
9. CONTÍA
DAS AXUDAS |
Préstamo
directo. Ver apartado de Requisitos principais do
proxecto.
|
10. PRAZO
DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
Estas bases
terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derrogación
expresa.
|
11.
INCOMPATIBILIDADES |
Non se
indican.
|
12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 24
de marzo do 2003 (DOG Nº63 do 31/03/03) Resolución do 14 de
decembro do 2004 (DOG Nº247 do 22/12/2004) Resolución do 3 de
maio de 2005 (DOG Nº97 do 23/05/2005) Resolución do 20 de xuño
de 2005 (DOG Nº122 do 27/06/2005) - Modificación do tipo de xuro
|
13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Servizos
Centrais do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
Subdirección de Xestión de Incentivos á Dinamización Económica.
Teléfono: 902 300 903 www.igape.es, informa@igape.es
|
14.
OBSERVACIÓNS |
As solicitudes
serán resoltas polo Consello de Dirección do Igape. O plan de
reembolso do capital establecerase para cada operación de acordo
coas características do proxecto.
|