INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

A axuda está vixente na actualidade
Texto completo
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
APOIOS Á ELABORACIÓN E Á FORMACIÓN DO PLAN DE EMPRESA.
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Axudar aos emprendedores por medio de formación, asesoramento e titorías co fin de transformar ideas en proxectos empresariais e elaborar o plan de empresa.
3. TIPOS DE APOIO
Servizos de formación, titoría e asesoramento.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Persoas físicas que pretendan iniciar, por primeira vez, unha actividade empresarial.
5. SECTORES INCENTIVABLES
Serán subvencionables as actividades económicas seguintes:
A extracción, procesamento, transformación ou comercialización das producións agrícolas, pesqueiras, gandeiras, forestais, minerais, produtos enerxéticos e os seus derivados.
A industria manufactureira, o comercio, o turismo, a construción, a artesanía ou os servizos.
A creación de redes de abastecemento, transporte, distribución e comercialización.
As actividades de electrónica, biotecnoloxía, robótica, audiovisual, telemática, telecomunicación, e calquera outra de avanzada tecnoloxía, así como os procesos de creación intelectual propios das ditas actividades.
A fabricación ou comercialización de bens de equipo ou unidades produtivas relacionadas con calquera das actividades sinaladas anteriormente.

6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
Que a empresa que se cree teña o seu domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
Que a actividade a desenvolver pola empresa que se pretende crear cumpra algunha das seguintes características:
Ter carácter innovador.
Estar relacionada cos novos xacementos de emprego.
Estar vinculada a actividades non suficentemente desenvoltas en Galicia.
Presentar un efecto dinamizador ou demostrativo no territorio no que se pretenda implantar.
Que o promotor ou promotores do proxecto dispoñan da capacidade necesaria para acadar o autofinanciamento do 30% e os coñecementos ou experiencia profesional necesarios para que, xunto coa formación ofertada polo Igape, poidan implantar o seu proxecto.

7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
Non se require.

8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
Formación, asesoramento e titorías.
9. CONTÍA DAS AXUDAS
100% da formación, asesoramento e titorías.
10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Estas bases terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derrogación expresa.
11. INCOMPATIBILIDADES
Non procede.

12. REFERENCIA LEXISLATIVA
RESOLUCIÓN DO 13 DE XULLO DO 2001 (D.O.G. 23.07.01)
D.O.G. 17.08.01) (D.O.G.14.09.01) (D.O.G.20.09.01) (D.O.G. 04.09.02)
RESOLUCIÓN DO 1 DE AGOSTO DO 2003 (D.O.G.09.08.02)
RESOLUCIÓN DO 24 DE MARZO DO 2003 (D.O.G. 31.03.03)
RESOLUCIÓN DO 8 DE XULLO DO 2003 (D.O.G. 17.07.03)
RESOLUCIÓN DO 15 DE OUTOBRO DO 2003 (D.O.G. 27.10.03)

13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) ou nas oficinas territoriais.-
Teléfono: 902 300 903
www.igape.es
informa@igape.es
14. OBSERVACIÓNS
-
 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal