FICHA EN WORD |
VIXENCIA |
*
LEXISLACIÓN |
Xerar
documento de Word imprimible. |
A axuda está vixente na
actualidade |
|
|
|
ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción
Económica
|
1. TÍTULO
DO PROGRAMA / AXUDA |
APOIOS
FIANCEIROS SOBRE O INVESTIMENTO E GASTOS DE IMPLANTACIÓN DO PROXECTO
EMPRENDEDOR.
|
2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Favorecer a
aparición de novos emprendedores e a creación de novas iniciativas
empresariais que, polas características innovadoras do proxecto, a
novidade da actividade acometida, ou por outros aspectos do
proxecto, aínda que presenten riscos de implantación superiores aos
habituais, teñan interese estratéxico polo seu impacto na actividade
económica da Comunidade Autónoma de Galicia.
|
3. TIPOS
DE APOIO |
Subvención a
fondo perdido.
|
4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
As persoas
físicas que teñan intención de se converter en novos empresarios a
través da constitución dunha sociedade mercantil. As persoas
xurídicas que teñan a consideración de pequena e mediana empresa e
pretendan desenvolver unha nova actividade empresarial claramente
diferenciada da actual. Os socios actuais ou futuros, persoas
físicas ou xurídicas da sociedade titular do proxecto emprendedor,
que pretendan participar no capital social destinado a financiar o
proxecto emprendedor.
|
5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Serán
subvencionables as actividades económicas seguintes: A
extracción, procesamento, transformación ou comercialización das
producións agrícolas, pesqueiras, gandeiras, forestais, minerais,
produtos enerxéticos e os seus derivados. A industria
manufactureira, o comercio, o turismo, a construción, a artesanía ou
os servizos. A creación de redes de abastecemento, transporte,
distribución e comercialización. As actividades de electrónica,
biotecnoloxía, robótica, audiovisual, telemática, telecomunicación,
e calquera outra de avanzada tecnoloxía, así como os procesos de
creación intelectual propios das ditas actividades. A
fabricación ou comercialización de bens de equipo ou unidades
produtivas relacionadas con calquera das actividades sinaladas
anteriormente.
|
6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
Para os novos
emprendedores: Domicilio social e fiscal e o centro principal da
súa actividade en Galicia, que e actividade sexa innovadora, estea
relacionada cos novos viveiros de emprego, estea vinculada a
actividades non suficientemente desenvolvidas en Galicia ou teña un
efecto dinamizador ou demostrativo no territorio no que se vaia
implantar; que consten como promotores da empresa e acrediten unha
formación ou experiencia empresarial axeitadas que avalen o bo fin
do proxecto. Para as novas iniciativas empresariais:
Domicilio social e fiscal e o seu centro principal na Comunidade
Autónoma de Galicia, ser innovadora, de escasa implantación en
Galicia ou que teña interese estratéxico polo seu impacto na
actividade económica da comunidade autónoma. En ambos os casos,
será requisito imprescindible: Que o proxecto para o que se
solicita o apoio, acreditando a súa viabilidade técnica e económica,
obtivese a cualificación de "Emprendedor”, segundo se establece na
base 5ª. O compromiso de achega de fondos propios de polo menos
o 30% do proxecto. Que os beneficiarios se comprometan a manter
unha determinada composición do accionariado nos supostos en que
esta represente un elemento substancial para garantir a viabilidade
técnica, económica e financeira do proxecto e así se establecese na
resolución de concesión da axuda.
|
7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
Plan de Empresa
cualificado como “Emprendedor” polo Igape. Para que un proxecto
empresarial obteña a cualificación como “Emprendedor” deberá reunir
os requisitos indicados nos apartados anteriores así como acreditar
a súa viabilidade técnica, económica-financeira e comercial, debendo
cumprir, a maiores, polo menos unha das seguintes condicións:
Investimentos máis gastos subvencionables para o inicio da
actividade superiores a 35.000 €. Creación e mantemento durante
dous anos de, polo menos, dous postos de traballo por conta allea,
ademais dos promotores.
|
8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
Investimentos:
Activos fixos materiais: terreos, urbanizacións e acometidas de
servizos, obra civil, maquinaria, bens de equipo e traballos
técnicos necesarios para a implantación produtiva. No sector do
transporte quedan excluídos os gastos destinados á adquisición de
elementos de transporte (activos móbiles). Activos de carácter
intanxible: adquisición de propiedade intelectual e industrial,
incluíndo licenzas de fabricación, patentes e o canon fixo de
franquías no seu primeiro ano. Gastos financeiros vinculados ás
operacións de préstamo, crédito ou arrendamento financeiro.
Aprovisionamentos necesarios para o inicio da actividade.
Outros gastos asociados ao proxecto: Consultoría e
asistencia técnica, honorarios ou aranceis de fedatarios públicos,
adestramento específico dos traballadores e custos externos de
desenvolvemento realizados por centros tecnolóxicos ou
universidades, sempre e cando estean vinculados á fase inicial de
implantación do proxecto. Consultoría na elaboración do Plan de
Empresa. Alugamento e outros gastos de circulante cando polas
características do proxecto supoñan unha dificultade inicial para a
súa maduración, quedando limitado en todo caso pola súa necesidade e
ata un prazo máximo de dous anos.
|
9. CONTÍA
DAS AXUDAS |
Gastos de
investimento: ata o 55%. Outros gastos: ata o 50%, podendo
alcanzar o 75% con suxeición ao réxime de mínimis.
|
10. PRAZO
DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
Estas bases
terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derrogación
expresa.
|
11.
INCOMPATIBILIDADES |
As axudas serán
incompatibles con aquelas outras reguladas polo Igape, ou calquera
Administración ou organismo público da Comunidade Autónoma de
Galicia e que respondan aos mesmos obxectivos e impliquen así mesmo
un tratamento integral do proxecto obxecto da subvención. Estas
axudas serán compatibles con calquera outra das establecidas por
calquera Administración pública, institución ou ente público ou
privado, sempre e cando non se excedan, en termos de subvención
bruta o 50% dos gastos subvencionables, podéndose acadar ata o 75%
respectando os límites de mínimis establecidos pola Comisión
Europea. A subvención sobre gastos de investimento non poderá
superar o 40% de subvención neta equivalente, salvo nos casos de
pemes que poderá acadarse o 55%.
|
12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 13
de Xullo do 2001 (DOG Nº142 do 23/07/01) Corrección de erros -
Resolución do 13 de Xullo do 2001 (DOG Nº159 do 17/08/01)
Corrección de erros - Resolución do 13 de Xullo do 2001 (DOG Nº
179 do 14/09/01) Corrección de erros - Resolución do 13 de Xullo
do 2001 (DOG Nº183 do 20/09/01) Resolución do 1 de Agosto do
2002 (DOG Nº153 do 09/08/02) Corrección de erros - Resolución do
1 de Agosto do 2002 (DOG Nº170 do 04/09/02) Resolución do 24 de
Marzo do 2003 (DOG Nº63 do 31/03/03) Resolución do 8 de Xullo do
2003 (DOG Nº 138 do 17/07/03) - Ampliación de fondos Resolución
do 15 de Outubro do 2003 (DOG Nº208 do 27/10/03) - Ampliación de
fondos Resolución do 11 de maio de 2005 (DOG Nº97 do 23/05/2005)
Resolución do 7 de xuño de 2005 (DOG Nº112 do 13/06/2005) -
Criterios de interpretación
|
13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Información e
tramitación: Oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica
(IGAPE) Teléfono: 902 300 903 www.igape.es
informa@igape.es
|
14.
OBSERVACIÓNS |
As solicitudes
presentadas antes do 01/04/2005 de proxectos de investimento na
Costa da Morte e nas áreas de dinamización prioritaria de Lugo e
Ourense gozarán de intensidades de axuda superiores ás establecidas
con carácter xeral.
|