FICHA EN WORD |
VIXENCIA |
*
LEXISLACIÓN |
Xerar
documento de Word imprimible. |
A axuda está vixente na
actualidade |
|
|
|
ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción
Económica
|
1. TÍTULO
DO PROGRAMA / AXUDA |
PLAN DE
CONSOLIDACION E COMPETITIVIDADE DA PEME (BASE 6ª) - PROXECTOS
PROPOSTOS POR ORGANISMOS INTERMEDIOS
|
2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Promover
proxectos que teñan como fin a aplicacións de bens ou servicios nas
PEMES galegas, propostos por organismos intermedios.
|
3. TIPOS
DE APOIO |
Subvención a
fondo perdido.
|
4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
- Entidades de
carácter público, semipúblico ou privado, con personalidade xurídica
propia e sen ánimo de lucro - Entidades con participación
maioritaria de capital público e que presten servizos de carácter
empresarial ás PEMES cando promovan proxectos subvencionables
(excluídas: entidades locais, comunidades de vecinos, mutuas,
asociacións de pais de alumnos, fundacións e asociacións culturais e
outras entidades de fins sociais, asociacións relixiosas, sindicais,
organizacións de consumidores, caixas de aforros, bancos,
federacións deportivas, agrupacións de interese económico etc.)
|
5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Organismos
intermedios que actúen a favor dos sectores de industria, comercio,
construción e servizos. Non serán subvencionables os sectores de
produción, primeira transformación ou comercialización por xunto de
producións agrícolas, gandeiras, pesqueiras ou forestais.
|
6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
Os proxectos
poderán incluír unha parte de actuacións de carácter xenérico que
non deberá superar o 50% do gasto subvencionable previsto, salvo en
proxectos que pola súa especial tipoloxía non aconsellen a dita
limitación.
As tipoloxías de proxecto poderían ser:
1. SOCIEDADE DA INFORMACIÓN: • Proxectos de información
e asesoramento empresarial ás PEMEs baseados en redes
telemáticas que faciliten servicios de información (técnica,
legal, normativa, etc.) ou asesoramento (calidade, loxística,
producción, etc.) • Proxectos de adaptación e implantación de
ferramentas de control baseadas en novas tecnoloxías da información
para a mellora da producción, comercialización, información ou
xestión. • Proxectos que baseados en redes telemáticas faciliten
o desenvolvemento de portais (comercio electrónico, tendas virtuais,
catálogos virtuais, etc.)
2. INNOVACIÓN DE PROCESOS:
• Proxectos para un conxunto determinado ou dble de pemes
para facilitar unha diagnose da súa situación comparada
(benchmarking) • Proxectos para facilitar a implantación nun
conxunto de PEMES de procesos para a mellora da xestión, incluíndo
novas tecnoloxías (sist. innovadores de xestión, sists. de
contabilidade analítica, etc.)
3. INNOVACIÓN EN TÉCNICAS
EMPRESARIAIS: 3. 1. DESEÑO - Deseño de produto (exclúese o
deseño de produtos de ciclo curto – inferior a 1 ano salvo cando sea
unha nova liña de actividade) - De envases e embalases -
Deseño gráfico: identidade corporativa e elementos de comunicación:
folletos, catálogos, CDs, etc) - Análise de situación,
auditorías de deseño e implantación de sistemas de xestión de do
deseño para un conxunto de empresas.
3. 2. REDES
INTEREMPRESARIAIS DE COOPERACIÓN - Acordos de cooperación entre
empresas xurídicamente independentes - Identificación de
problemáticas e solucións a través da cooperación - Análise da
viabilidade e definición das actuacións conxuntas
3. 3.
CALIDADE - Implantación de Sists. de calidade (ISO 9000) ou
medioambientais (ISO 14000) Elaboración de procesos de
normalización nun colectivo de pemes de sectores non industriais.
|
7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
-
|
8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
Conceptos
subvencionables do proxecto incorridos polo organismo intermedio:
-Colaboracións externas (consultoría, asesoría,
desenvolvemento e implantación de aplicacións ou outros servizos
directamente relacionados co proxecto) destinadas á parte xenérica
do proxecto, estudo de necesidades comúns, solucións, etc.
Subvención de ata o 100% do custo de servizos externo.
-Investimentos materiais necesarios para a implantación da rede
telemática (hardware/software): ata o 100% do custo de
adquisición (sen IVE). Agás en proxectos de carácter suprarrexional,
a subvención máxima será de 50.000 euros. -Viaxes
interurbanas en medios de transporte público (avión clase turista,
tren ou autobús) e aloxamento do persoal do organismo intermedio
beneficiario da axuda. Subvención de ata o 100% do gasto (sen IVE).
-Persoal técnico do organismo intermedio adscrito ao proxecto.
-Gastos indirectos previstos e propostos na solicitude de axudas
polo solicitante para o proxecto, ata un máximo do 50% do gasto de
persoal interno que resulte aprobado no proxecto. A subvención
poderá chegar ata o 100% dos gastos.
Gastos
subvencionables do proxecto soportados polas Pemes participantes:
-Investimentos en equipos necesarios para a participación
nos beneficios do proxecto (hardware/software), só en proxectos de
Sociedade da Información e de deseño: ata o 55% do custo de
adquisición (sen IVE). Subvención máxima por PEME: 10.000 euros.
- Colaboracións externas e servizos asociados cuxos custos sexan
soportados directamente pola PEME. Subvención: ata o 50%. Para
subvencións inferiores a 13.000 A, sometida a réxime de minimis a
subvención poderá superar o 50% do gasto subvencionable.
|
9. CONTÍA
DAS AXUDAS |
Serán
subvencionables os gastos realizados a partir do 1 de xaneiro do ano
de presentación da solicitude e os investimentos a partir da data de
presentación da solicitude.
SOCIEDADE DA INFORMACIÓN:
Hardware / software: específico de diseño (ata o 55% sen IVA)
Sub. Máxima por PEME: 10000 euros Colaboracións externas
(asesor / consultor) (ata o 50% sen IVA) Subv. de ata 13.000
euros, sometida a mínimis pode superar o 50%
REDES
INTEREMPRESARIAIS DE COOPERACIÓN Gastos de consultoría,
notariais,....: ata o 50% Subv. de ata 13.000 euros, sometida a
mínimis pode superar o 50%
SISTEMAS DE CALIDADE: ISO 9000,
17000 E 14000 Custo certificación sistema: ata 50%
Colaboracións externas / servicios asociados: ata o 50%
Subv. de ata 13.000 euros, sometida a mínimis pode superar o 50%
|
10. PRAZO
DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
Estas bases
terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derogación
expresa e ata o límite de crédito dispoñible.
|
11.
INCOMPATIBILIDADES |
-
|
12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 11
de marzo do 2005. (DOG Nº58 do 28/03/05) Corrección de erros -
Resolución do 11 de marzo de 2005 (DOG Nº 114 15/06/2005)
|
13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Información e
tramitación: Oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica
(IGAPE) Teléfono: 902 300 903 www.igape.es informa@igape.es
|
14.
OBSERVACIÓNS |
-
|