INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

A axuda está vixente na actualidade
Resolución do 11 de marzo do 2005 (DOG Nº 58 do 28/03/2005) - Base 6ª
Corrección de erros - Resolución do 11 de marzo de 2005 (DOG Nº 114 15/06/2005)
Texto completo das Bases de Mellora Competitiva
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
PLAN DE CONSOLIDACION E COMPETITIVIDADE DA PEME (BASE 6ª) - PROXECTOS PROPOSTOS POR PEMES INDIVIDUAIS: PROXECTOS DE DESEÑO
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Promover proxectos que teñan como fin a incorporación, asimilación ou aplicación de técnicas de deseño nas pemes.
3. TIPOS DE APOIO
Subvención a fondo perdido.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Pemes que teñan radicado o seu centro de actividade ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Realizar algunha actividade económica nas epígrafes recollidas no anexo IX a estas bases.
5. SECTORES INCENTIVABLES
Pemes dos sectores de industria, construción, comercio e servizos.
Quedan excluídos os sectores de produción, primeira transformación ou comercialización por xunto de producións agrícolas, gandeiras, pesqueiras ou forestais, así como aquelas actividades relacionadas coa exportación.
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
Tipos de proxecto:

- Deseño de produto: deseño das características funcionais, estéticas e/ou ergonómicas de novos produtos ou redeseño das mesmas en produtos existentes (exclúese o deseño de produtos de ciclo curto salvo cando supoñan unha nova liña de actividade da peme).
- Deseño de envases, embalaxes, soportes e etiquetas destinados a mellorar a presentación de produtos ou servizos da peme, tanto dende o punto de vista técnico (formas, materiais, características estruturais) como dende o punto de vista gráfico (lendas, cores, grafismos), ou realizados por pemes que os fabriquen para uso de terceiros.
- Deseño gráfico: deseño ou redeseño de identidade corporativa e elementos constitutivos, deseño de elementos de comunicación: folletos, catálogos, dípticos, CDs, anuncios, páxinas web e/ou videopresentacións.
7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
Non require cualificación específica.
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
Adquisición de hardware/software específico de deseño e activos inmateriais para as pemes (licenzas ou patentes).
Colaboracións externas en materia de deseño e servizos asociados.

Poderán ser subvencionables os gastos realizados desde o 1 de xaneiro do ano no que se solicite a axuda sempre que o proxecto non estea finalizado no momento da presentación da solicitude. Só serán subvencionables os investimentos realizados desde a data de presentación da solicitude da axuda.
9. CONTÍA DAS AXUDAS
- Para a adquisición de hardware/software, a subvención será de ata un 55% do custo de adquisición (sen IVE). A subvención máxima por Peme será de 10.000 euros.

- Para as colaboracións externas en materia de deseño e servizos asociados, a subvención será de ata o 50% dos custos dos servizos (sen IVE).
10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Estas bases terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derrogación expresa e ata o límite de crédito dispoñible.
11. INCOMPATIBILIDADES
Serán compatibles con calquera outra axuda das establecidas por calquera Administración pública, axustándose aos límites indicados nas bases.
12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 11 de marzo do 2005 (DOG Nº 58 do 28/03/2005)
Corrección de erros - Resolución do 11 de marzo de 2005 (DOG Nº 114 15/06/2005)
13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Información e tramitación: Oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)
Teléfono: 902 300 903 www.igape.es informa@igape.es

14. OBSERVACIÓNS
-
 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal