FICHA EN WORD |
VIXENCIA |
*
LEXISLACIÓN |
Xerar
documento de Word imprimible. |
A axuda está vixente na
actualidade |
|
|
|
ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción
Económica
|
1. TÍTULO
DO PROGRAMA / AXUDA |
PLAN DE
CONSOLIDACION E COMPETITIVIDADE DA PEME (BASE 6ª) - PROXECTOS
PROPOSTOS POR PEMES INDIVIDUAIS: REDES INTEREMPRESARIAIS DE
COOPERACIÓN
|
2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Promover e
incentivar proxectos de cooperación destinados á sinatura de acordos
de cooperación entre empresas xuridicamente independentes cun
obxectivo identificado que, aproveitando sinerxias, reciprocidades
ou complementariedades lles permita ás Pemes galegas mellorar a
competitividade.
|
3. TIPOS
DE APOIO |
Subvención a
fondo perdido.
|
4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
As pequenas e
medianas empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a)
Ter radicado o centro da súa actividade ou algún centro de traballo
na Comunidade Autónoma de Galicia. b) Realizar algunha
actividade económica nas epígrafes recollidas no anexo IX a estas
bases.
|
5.
SECTORES INCENTIVABLES |
En xeral, os
sectores de industria, construción, comercio e servizos. Quedan
excluídas as actividades de produción, primeira transformación ou
comercialización por xunto de producións agrícolas, gandeiras,
pesqueiras ou forestais.
|
6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
-
|
7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
Non require
cualificación específica pero os proxectos poderán incluír unha
análise de viabilidade do acordo, estudo de alternativas xurídicas
para a súa formalización e legalización do mesmo.
|
8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
Consultoría
externa (técnica, económica e xurídica), gastos notariais e
rexistrais necesarios para a formalización de acordos, na parte
proporcional correspondente ás pemes beneficiarias respecto do total
das participantes no acordo de cooperación.
Poderán ser
subvencionables os gastos realizados dende o 1 de xaneiro do ano no
que se solicite a axuda sempre que o proxecto non estea finalizado
no momento da presentación da solicitude. Só serán subvencionables
os investimentos realizados dende a data de presentación da
solicitude da axuda.
|
9. CONTÍA
DAS AXUDAS |
Subvención de
ata o 50% dos custos dos servizos (sen IVE).
|
10. PRAZO
DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
Estas bases
terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derrogación
expresa e ata o límite de crédito dispoñible.
|
11.
INCOMPATIBILIDADES |
Serán
compatibles con calquera outra axuda das establecidas por calquera
Administración pública, axustándose aos límites
anteriores.
|
12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 11
de marzo do 2005 (DOG Nº 58 do 28/03/05) Corrección de erros -
Resolución do 11 de marzo de 2005 (DOG Nº 114 15/06/2005)
|
13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Información e
tramitación: Oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica
(IGAPE) Teléfono: 902 300 903 www.igape.es informa@igape.es
|
14.
OBSERVACIÓNS |
-
|