FICHA EN WORD |
VIXENCIA |
*
LEXISLACIÓN |
 Xerar
documento de Word imprimible. |
A axuda está vixente na
actualidade |
|
|
|
ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción
Económica
|
1. TÍTULO
DO PROGRAMA / AXUDA |
MELLORA
COMPETITIVA DA PEME GALEGA - BASE 4ª - INICIATIVAS EN MATERIA DE
DIFUSIÓN E DIVULGACIÓN DE TÉCNICAS DIRIXIDAS Á MELLORA COMPETITIVA
DAS PEMES
|
2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Iniciativas dos
organismos intermedios en materia de difusión e divulgación de
técnicas dirixidas á mellora competitiva das Pemes, tales como
xornadas, seminarios, ciclos de conferencias, congresos,
etc.
|
3. TIPOS
DE APOIO |
Subvención a
fondo perdido.
|
4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Organismos
intermedios que presten con carácter habitual servizos ás Pemes que
teñan radicado o centro da súa actividade ou algún centro de
traballo na Comunidade Autónoma de Galicia. Entenderase por
organismo intermedio aquelas entidades de carácter público,
semipúblico ou privado, con persoalidade xurídica propia e sen ánimo
de lucro nas súas actividades.
|
5.
SECTORES INCENTIVABLES |
-
|
6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
a) Ser
realizadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. b)
Complementar claramente as accións de difusión en materia de
técnicas dirixidas á mellora competitiva das Pemes desenvoltas polo
Igape ou por outros axentes de promoción e non interferir con
ningunha outra ctividade prevista. c) Xustificar o interese e a
novidade da proposta de difusión, e a relevancia da iniciativa en
termos da súa repercusión.
|
7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
Non require
cualificación específica.
|
8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
Gastos de
publicidade, difusión, impresión e distribución dos relatorios ou
publicacións directamente vinculadas á iniciativa aprobada. O
IVE formará parte da base subvencionable aprobada cando o
solicitante acredite a exención total do imposto; no caso de
solicitantes suxeitos á regra de pro rata, o custo efectivamente
soportado calcularase con base na pro rata definitiva do último
exercicio pechado antes da concesión da axuda, sendo
responsabilidade do solicitante incluír o resultado final na
liquidación das súas obrigas fiscais.
|
9. CONTÍA
DAS AXUDAS |
A contía da
contribución do Igape será do 80% dos gastos de publicidade,
difusión, impresión e distribución dos relatorios ou publicacións
vinculadas á iniciativa aprobada, sen que en ningún caso supere as
seguintes cantidades: -Iniciativas de ámbito local ou comarcal:
3.000 euros. Poderán ser subvencionables ata un máximo de 6
convocatorias anuais da mesma iniciativa. -Iniciativas de ámbito
provincial: 6.000 euros. Poderán ser subvencionables ata un
máximo de 3 convocatorias anuais da mesma iniciativa.
-Iniciativas de ámbito autonómico: 15.000 euros. Unicamente
será subvencionable unha convocatoria anual da iniciativa.
-Iniciativas de ámbito nacional: 30.000 euros. Unicamente será
subvencionable unha convocatoria anual da iniciativa.
-Iniciativas de ámbito internacional: 60.000 euros.
Unicamente será subvencionable unha convocatoria anual da
iniciativa.
|
10. PRAZO
DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
Estas bases
terán vixencia indefinida en tanto non se deroguen expresamente e
ata o límite de crédito disponible.
|
11.
INCOMPATIBILIDADES |
Serán
incompatibles con aqueloutras reguladas polo Igape. Sen prexuízo
dos límites específicos establecidos nas bases e con carácter xeral
serán compatibles con calqueroutra das establecidas por calquera
Administración pública, institución ou ente público.
|
12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 11
de marzo de 2005 (DOG Nº 58 do 28/03/2005)
|
13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Información e
tramitación: Oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica
(IGAPE) Teléfono: 902 300 903 www.igape.es informa@igape.es
|
14.
OBSERVACIÓNS |
-
|