FICHA EN WORD |
VIXENCIA |
*
LEXISLACIÓN |
Xerar
documento de Word imprimible. |
A axuda está vixente na
actualidade |
|
|
|
ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción
Económica
|
1. TÍTULO
DO PROGRAMA / AXUDA |
MELLORA
COMPETITIVA DA PEME GALEGA - BASE 3ª - APOIOS Á IMPLANTACIÓN DE
PROXECTOS DE MELLORA COMPETITIVA DE CARÁCTER XERAL
|
2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Axudas á
implantación de proxectos de mellora competitiva das
pemes.
|
3. TIPOS
DE APOIO |
Subvencións a
fondo perdido.
|
4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Pequenas e
medianas empresas (pemes) que teñan radicado o centro da súa
actividade ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de
Galicia. Os consorcios de exportación con personalidade xurídica
propia, participados exclusivamente por pequenas e medianas
empresas.
|
5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Todas as
actividades, agás nos proxectos de investimento empresarial e outros
gastos vinculados ó investimento onde só se consideran
subvencionables as seguintes actividades: Actividades industriais,
loxísticas, hoteleiras ou de servizos avanzados ás Pemes.
|
6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
As medidas de
mellora que poden ser obxecto de axuda son as seguintes:
-Investimento empresarial e outros gastos vinculados ao
investimento. -Implantación de ferramentas informáticas para a
mellora da xestión empresarial. -Iniciativas tendentes a
facilitar a internacionalización -Iniciativas de apoio á
continuidade da empresa familiar. -Iniciativas tendentes á
consolidación e competitividade de cooperativas e sociedades de base
laboral -Iniciativas dirixidas a fomentar a viabilidade da PEME
galega Os beneficiarios deberán achegar para o proxecto un
autofinanciamento mínimo do 30% do mesmo e deberán comprometerse a
manter unha determinada composición no accionariado nos supostos en
que esta represente un elemento substancial para garantir a
viabilidade do mesmo.
|
7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
Para presentar
unha solicitude de axuda os interesados deberán cubrir previamente
un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do
proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo de
internet http://www.tramita.igape.es. Deberán cubrirse
necesariamente todos os campos do formulario establecidos como
obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de
documento electrónico (IDE) que identificará univocamente o
cuestionario.
|
8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
1-Proxectos de
investimento empresarial e outros gastos vinculados ó investimento,
poderán subvencionarse: Activos fixos materiais: terreos,
urbanizacións e acometidas de servizos, obra civil, maquinaria, bens
de equipo e traballos técnicos necesarios para a implantación
produtiva. No sector de transportes quedan excluídos os gastos
destinados á adquisición de material de transporte (activos
móbiles). Activos intanxibles: adquisición de propiedade
intelectual e industrial, incluíndo licenzas de fabricación,
patentes e o canon fixo de franquías no seu primeiro ano. Dentro
do límite máximo de subvención neta equivalente aplicable ao
conxunto de gastos de investimento do proxecto, poderán acollerse os
gastos financeiros vinculados ás operacións de préstamo,ata un
máximo do 70% subvencionable.
2-Implantación de ferramentas
informáticas para a mellora de xestión: Software e aplicacións
de xestión interna (paquetes estándar ou desenvolvementos
específicos). Hardware necesario para o manexo das aplicacións
anteriores (Ordenadores ou servidores). Instalación de redes
informáticas internas necesarias para implantar o software.
3-Iniciativas tendentes á internacionalización: Estudos
de mercado, definición de estratexias, recomendacións para o
lanzamento de novos productos, determinación de condicionantes
(requisitos legais, restriccións,..) Para proxectos que inclúan
a primeira asistencia a feiras de carácter internacional
considéranse subvencionables, os gastos de aluguer de espazo e
servizos no recinto feiral e os gastos de traslado de materiais do
beneficiario para a súa exposición no posto feiral.
4-Iniciativas de apoio á continuidade da empresa familiar:
custos externos de asesoría e consultoría destinados á
preparación e formalización de protocolos de sucesión, así como os
derivados da súa legalización dos mesmos.
5-Iniciativas
tendentes á consolidación e competitividade de cooperativas e
sociedades de base laboral: Custos de elaboración dun estudo
empresarial de viabilidade elaborado por un consultor independente
Con base nas necesidades da empresa que resulten do plan de
viabilidade, poderanse subvencionar os custos de asistencia técnica
cualificada para a implantación das medidas contidas no dito plan
que se devenguen durante o primeiro ano de implantación.
6-Iniciativas dirixidas a fomentar a viabilidade da peme
galega: Os custos de elaboración dun estudo empresarial de
viabilidade, realizado por consultor independente que non lle preste
habitualmente servizos ao solicitante.
|
9. CONTÍA
DAS AXUDAS |
1-Para os
proxectos de implantación de investimentos empresarial e outros
gastos vinculados, con caracter xeral, o límite máximo de axuda
non superará a porcentaxe do 25% calculada sobre a base
subvencionable aprobada.
2-Implantación de ferramentas
informáticas para a mellora de xestión: Para os investimentos en
Software, Hardware e Instalación de redes informáticas internas á
empresa.: ata o 55% da base subvencionable. A subvención máxima en
hardware será de 12.000 euros. Para os gastos en asistencia
técnica específica para a implantación do proxecto: ata o 50% da
base subvencionable. Límite da subvención de 5.000 euros.
3-Iniciativas tendentes á internacionalización: As
solicitudes de axuda presentadas por primeira vez acadarán unha
subvención do 50% da base subvencionable aprobada, cos límites
establecidos a continuación: Estudos de mercado a subvención
máxima por ámbito xeográfico de interese será de 9.000 euros.
Para os custos de deseño e construcción do stand, a subvención
máxima será de 9.000 euros.
4-Iniciativas de apoio á
continuidade da empresa familiar: os proxectos acadarán unha
subvención do 50% dos gastos subvencionables aprobados, cunha
subvención máxima de 5.000 euros sobre os gastos de consultoría.
5-Iniciativas tendentes á consolidación e competitividade de
cooperativas e sociedades de base laboral: poderá subvencionarse
ata un 75% da base subvencionable aprobada, podendo establecerse
módulos máximos de custo subvencionable por estudo e asistencia
técnica.
6-Iniciativas dirixidas a fomentar a viabilidade da
peme galega: poderá subvencionarse ata un 75% da base
subvencionable aprobada, podendo establecerse módulos máximos de
custo subvencionable por estudo e asistencia técnica.
|
10. PRAZO
DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
Estas bases
terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derrogación
expresa.
|
11.
INCOMPATIBILIDADES |
As axudas
previstas nesta base 3ª será incompatible con aquelas outras
reguladas polo Igape. Sen prexuízo dos límites específicos
establecidos nestas bases e con carácter xeral estas axudas serán
compatibles con calqueroutra das establecidas por calquera
Administración pública, institución ou ente público, sempre e cando
non se superen os seguintes límites e a axuda total non supere o
custo efectivo do proxecto: a) Para as axudas previstas en
Investimentos empresariais e outros gastos vinculados e en
Implantación de ferramentas informáticas para a mellora de xestión
empresarial o 55% de subvención neta equivalente. b) Para as
axudas previstas en Iniciativas tendentes á internacionalización e
Iniciativas dirixidas a fomentar a viabilidade da peme galega o 50%
de subvención bruta, podéndose acadar ata o 75% no que se refire aos
custos de contratación de asistencias técnicas especializadas e
gastos notariais e rexistrais.
|
12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 11
de marzo de 2005 (DOG Nº 58 28/03/2005) Corrección de erros -
Resolución do 11 de marzo de 2005 (DOG Nº 114 15/06/2005)
|
13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Información e
tramitación: Oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica
(IGAPE) Teléfono: 902 300 903 www.igape.es
informa@igape.es
|
14.
OBSERVACIÓNS |
-
|