INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

A data de vixencia da axuda é 31/12/2006
Resolución do 30 de decembro de 2004 (DOG Nº1 do 3/1/05) - Texto inicial do convenio
Corrección de erros - Resolución do 30 de decembro de 2004 (DOG Nº8 do 13/1/05) - Impreso de solicitude
Texto completo da axuda
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
LIÑA DE FINANCIAMENTO ESPECÍFICO DE MICROCRÉDITOS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (CONVENIO IGAPE- SGR’s - EEFF’s)
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Facilitar ás microempresas que desenvolvan a súa actividade en Galicia o acceso ao financiamento dos seus proxectos de investimento.
3. TIPOS DE APOIO
Acceso ao financiamento para a realización de investimentos sen garantías adicionais ás da propia empresa.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Empresas con domicilio fiscal en Galicia e que teñan a consideración de microempresas.
5. SECTORES INCENTIVABLES
Todos.
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
Importe máximo: 25.000 €.
O risco vivo de cada empresa por operacións ao abeiro desde convenio non poderá superar 25.000 €.
Prazo de amortización: 5 anos, incluído 1 ano como máximo de carencia.
Comisións: non se repercutirán ao beneficiario nin gastos nin comisións.
Achegas á S.G.R.: os beneficiarios deberán realizar, se é o caso, a achega para adherirse á S.G.R. que corresponda.
As empresas deberán obter un aval dunha sociedade de garantía recíproca polo 80% do importe do financiamento.
Non se requerirán outras garantías adicionais que as persoais das propias persoas físicas/xurídicas que promovan o proxecto.
Poderán financiarse os investimentos e gastos realizados con posterioridade á presentación da solicitude completa no Igape.
7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
Non se require cualificación específica.
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
Inmobilizado material, agás a adquisición de terreos e edificacións: reforma e acondicionamento de locais, bens de equipo e unidades funcionais de explotación independente, elementos de transporte (exclusivamente vehículos industriais), honorarios facultativos de proxecto e dirección de obra e outros investimentos en activos fixos.
Inmobilizado inmaterial: aplicacións informáticas, propiedade industrial, propiedade intelectual e canons de concesións administrativas ou franquías.
A achega a realizar á sociedade de garantía recíproca que avale o microcrédito.

9. CONTÍA DAS AXUDAS
Tipo de xuro: fixo. 2,5% para toda Galicia.
10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Ata o 31 de decembro de 2006
11. INCOMPATIBILIDADES
Os activos que se adquiran ao abeiro deste convenio non poderán ser obxecto doutros apoios xestionados polo Igape.
12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 30 de decembro de 2004 (DOG Nº1 do 3/1/05)
Corrección de erros - Resolución do 30 de decembro de 2004 (DOG Nº8 do 13/1/05)
13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Tramitación e Información: Oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)
Teléfono: 902 300 903 www.igape.es informa@igape.es

14. OBSERVACIÓNS
Definición de microempresa:
Que teña menos de 10 traballadores.
Que teña un volume de negocios anual non superior a 2 millóns de euros ou ben un balance xeral anual que non exceda de 2 millóns de euros e que cumpra o criterio de independencia.
 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal