INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

A data de vixencia da axuda é 30/11/2006
Resolución do 27 de xaneiro do 2004 (DOG Nº20 do 30/01/04) - Texto do convenio
Resolución do 12 de xullo de 2004 (DOG Nº 151 do 05/08/2004) - Novas entidades
Resolución do 27 de decembro de 2004 (DOG Nº252 do 29/12/2004) - Modificación e tipo de xuro para o 2005
Texto completo da axuda
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
MEDIDAS DE APOIO FINANCEIRO Ó COMERCIO POLO MIÚDO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA 2004-2006.
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Establecer unha liña de financiamento subsidiado destinada á potenciación do comercio minorista na Comunidade Autónoma de Galicia.
3. TIPOS DE APOIO
Subsidiación ao tipo de xuro de préstamos.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Os titulares de establecementos comerciais polo miúdo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, que teñan a consideración de pequenas e medianas empresas (pemes).
5. SECTORES INCENTIVABLES
Actividades de comercio minorista relacionadas no anexo I da resolución.
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
Investimento subvencionable: mínimo 4.500 € e máximo 300.000 €.
Importe do préstamo: ata 70% do investimento subvencionable.
Mínimo 3.150 € e máximo 210.000 euros.
En ningún caso o importe do préstamo superará o importe do investimento subvencionable pendente de pagamento na data de presentación da solicitude no Igape.
Prazo de amortización: ata 5 anos, incluído 1 ano de carencia como máximo, agás para os préstamos que financien, en todo ou en parte, a adquisición de bens inmobles. Neste caso poderán superar sen ningunha restrición os límites de prazo e carencia establecidos, calculándose a subsidiación como se o préstamo fose por cinco anos incluído un ano, como máximo, de carencia.
Tipo de xuro: fixo. Para operacións formalizadas en 2005: 3,85%.
Comisións: ata o 1% por todos os conceptos.
Os beneficiarios das axudas establecidas neste convenio deberán manter os investimentos obxecto de financiamento durante un prazo mínimo de 5 anos dende a súa adquisición.

7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
Non se require cualificación específica.
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
Inmobilizado material novo (adquisición de locais comerciais, obras de reforma en xeral, obras de novo establecemento, reformas estruturais, instalacións básicas, revestimentos, pinturas e acabamentos xerais, equipamento, vehículos industriais, mobiliario e informática, melloras decorativas, honorarios de proxecto e decoración e calquera outro investimento que contribúa á mellora das estruturas de comercialización ou desenvolvemento das actividades comerciais).
Inmobilizado inmaterial (límite do 25% do investimento subvencionable).
Bens usados: unicamente a adquisición de inmobles.

9. CONTÍA DAS AXUDAS
Para as solicitudes de axuda presentadas no Igape no ano 2004, a subsidiación será a diferenza entre o tipo de xuro menos o 1% para aqueles proxectos con creación de emprego e menos o 2% para o resto dos proxectos.
Para as solicitudes presentadas no Igape nos anos 2005 e 2006, a subsidiación será a diferenza entre o tipo de interese que se fixe menos o 2% para proxectos que leven consigo a creación de emprego e o 3% para o resto de proxectos.

10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a aceptación de solicitudes na entidade financeira/SGR será o seguinte:
Para o ano 2005, dende o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro dese ano.
Para o ano 2006, dende o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro dese ano.

11. INCOMPATIBILIDADES
Non poderán acollerse a estas axudas aquelas empresas que promovan proxectos que se vaian financiar, en todo ou en parte, mediante créditos, préstamos ou contratos de leasing que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellorar as condicións financeiras respecto ás normais de mercado. Será incompatible con calquera outra axuda regulada polo Igape.
12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 27 de xaneiro do 2004 (DOG Nº20 do 30/01/2004)
Resolución do 12 de xullo de 2004 (DOGA Nº151 do 05/08/2004)
Resolución do 27 de decembro de 2004 (DOG Nº252 do 29/12/2004)

13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Tramitación: As solicitudes presentaranse nas entidades financeiras colaboradoras.
Información: Oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)
Teléfono: 902 300 903. www.igape.es informa@igape.es
14. OBSERVACIÓNS
-
 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal