FICHA EN WORD |
VIXENCIA |
*
LEXISLACIÓN |
Xerar
documento de Word imprimible. |
A data de vixencia da axuda
é 30/11/2006 |
|
|
|
ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción
Económica
|
1. TÍTULO
DO PROGRAMA / AXUDA |
APOIO FINANCEIRO
2004-2006 ÓS INVESTIMENTOS DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS MEDIANTE
CONTRATOS DE ARRENDAMENTO FINANCEIRO.
|
2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Proxectos de
novo investimento en activos fixos, dirixidos a mellorar a
competitividade das pemes.
|
3. TIPOS
DE APOIO |
Subsidiación ao
tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro.
|
4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
As empresas
radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a
consideración de peme e que desenvolvan actividades cualificadas
como incentivables no anexo I da resolución.
|
5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Actividades
económicas relacionadas no anexo I da resolución.
|
6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
Investimento
subvencionable: mínimo 60.000 €. Importe do contrato de
arrendamento financeiro: mínimo 60.000 € e máximo 3.000.000 €. O
importe con dereito a subsidiación dos contratos de arrendamento non
poderá superar o 95% do investimento considerado subvencionable.
O beneficiario deberá facer unha entrega a conta do total a
financiar mínima do 5%. Duración dos contratos: Mínima de 2 anos
e máxima de 7 anos. Tipo de xuro: prazo entre 24 e 36 meses,
fixo. Prazo entre 37 e 84 meses, fixo ou variable. Fixo: 3,85% para
operacións formalizadas en 2005. Variable: 3,35% para operacións
formalizadas en 2005. Próximos exercicios: Euríbor 6 meses + ata
1,15. Comisións: ata o 1% por todos os conceptos. Os bens
deberán manterse durante a vixencia do contrato e por un período
mínimo de 5 anos dende a formalización do contrato de arrendamento
financeiro e a empresa beneficiaria deberá comprometerse a exercer a
opción de compra á expiración do contrato subsidiado. Se a
solicitude de axuda financeira para proxectos de investimento por
importe a subsidiar é superior a 800.000 €, deberán cumprir,
ademais, as seguintes condicións de estabilidade laboral en relación
aos centros de traballo radicados en Galicia: Empresas
existentes: que polo menos o 40% do cadro de persoal correspondente
á data de solicitude teña contratos por tempo indefinido.
Empresas de nova creación: deberán comprometerse a acadar, como
mínimo, o 40% de estabilidade laboral.
|
7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
Non se require
cualificación específica.
|
8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
Os conceptos de
investimento subvencionable deberán realizarse en inmobilizado
material novo adquirido a terceiros e dirixidos á mellora da
competitividade das pemes, e serán, exclusivamente, os que se
materialicen en: Maquinaria e as súas instalacións técnicas
(agás plantas de coxeración de enerxía). Ferramentas.
Mobiliario e equipos de oficina. Equipos para procesos de
información. Aplicacións informáticas, sempre que non superen o
25% do investimento total subvencionable. Elementos de
transporte interno. Elementos de transporte externo, unicamente
para empresas de transporte público, e só os activos que supoñan
unha renovación dos existentes.
|
9. CONTÍA
DAS AXUDAS |
Para as
solicitudes presentadas no 2005, a subsidiación será de 3 puntos
para empresas de nova creación, empresas que creen 3 ou máis
empregos, empresas que realicen un proxecto de investimento nalgún
dos municipios que se relacionan no anexo X ou empresas nas que a
actividade principal sexa o transporte de mercadorías ou de
viaxeiros por estrada e acometan proxectos de renovación da flota
dirixidos á súa modernización e mellora ambiental, e de 2 puntos
para o resto dos casos, sendo o tipo de xuro resultante para o
beneficiario non inferior ao 1% ou ao 2% respectivamente. Para
as solicitudes presentadas nos seguintes exercicios a subsidiación
será como máximo de 3 puntos (actividade subvencionable 1,5 puntos /
preferente 2 puntos / creación de emprego 1 punto), sendo o tipo de
xuro resultante para o beneficiario non inferior ao 3%, agás para
aqueles proxectos de investimento preferentes por actividade e que
creen emprego, no que será non inferior ao 2%.
|
10. PRAZO
DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
O prazo de
presentación de solicitudes de subsidiación nas entidades
financeiras finalizará de acordo ao establecido a continuación:
Para operacións solicitadas con cargo á cantidade asignada á
entidade de crédito para o ano 2005, ao 30 de novembro dese ano.
Para operacións solicitadas con cargo á cantidade asignada á
entidade de crédito para o ano 2006, ao 30 de novembro dese ano.
|
11.
INCOMPATIBILIDADES |
Non poderán
acollerse ás axudas aqueles proxectos que se vaian financiar, en
todo ou en parte, mediante créditos, préstamos ou contratos de
leasing que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellorar
as condicións financeiras respecto ás normais do mercado.
|
12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 27
de xaneiro de 2004 (DOG Nº20 do 30/01/04) Resolución do 11 de
marzo de 2004 (DOG Nº 61 do 29/04/2004) Resolución do 12 de
xullo de 2004 (DOG Nº 151 do 05/08/2004) Resolución do 15 de
novembro de 2004 (DOG Nº230 do 25/11/2004) Resolución do 14 de
decembro de 2004 (DOG Nº247 do 22/12/2004) Resolución do 27 de
decembro de 2004 (DOG Nº252 do 29/12/2004) Corrección de erros -
Resolución do 27 de decembro de 2004 (DOG Nº4 do 7/1/2005)
|
13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Tramitación: As
solicitudes presentaranse nas entidades financeiras colaboradoras.
Información: Oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica
(IGAPE) Teléfono: 902 300 903 www.igape.es informa@igape.es
|
14.
OBSERVACIÓNS |
Concellos de
localización prioritaria: Concellos da Costa da Morte:
-Muros, Carnota, Cee, Dumbría, Corcubión, Fisterra, Muxía,
Camariñas, Coristanco, Laxe, Cabana de Bergantiños, Ponteceso,
Malpica de Bergantiños, Carballo, A Laracha, Zas e Vimianzo.
Concellos da provincia de Lugo: -Ribadeo, Barreiros, Foz,
Mondoñedo, Lourenzá, Trabada, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Lugo,
O Corgo, Sarria, O Incio, Bóveda, Monforte de Lemos e A Pobra de
Brollón. Concellos da provincia de Ourense: -Carballiño,
Leiro, Beade, Ribadavia, Xunqueira de Ambía, Sarreaus, Xinzo de
Limia, Allariz, Carballeda de Avia, Melón, Arnoia, Paderne de
Allariz, Taboadela, Baños de Molgas, Sandiás, A Gudiña, A Mezquita,
Riós, Verín.
|