INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

A data de vixencia da axuda é 30/11/2006
Resolución do 27 de xaneiro de 2004 (DOG Nº20 do 30/01/2004) - Resolución inicial
Resolución do 11 de marzo de 2004 (DOG Nº61 do 29/03/2004) - Nueva entidad
Resolución do 12 de xullo de 2004 (DOG Nº151 do 05/08/2004) - Novas entidades
Resolución do 27 de decembro de 2004 (DOG Nº252 do 29/12/2004) - Modificación e tipo de xuro para o 2005
Resolución do 31 de maio de 2005 (DOG Nº108 do 07/06/2005) - Ampliación de crédito
Resolución do 17 de xuño de 2005 (DOG Nº124 do 29/06/2005) - Tipo de xuro
Texto completo da axuda
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
APOIO FINANCEIRO 2004-2006 ÁS PEMES GALEGAS (OPERACIÓNS TIPO B)
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Establecemento de liñas de financiamento subsidiado para a toma de participacións no capital de sociedades mercantís que destinen ditos fondos á realización de novos investimentos.
3. TIPOS DE APOIO
Subsidiación ao tipo de xuro de préstamos.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Socios actuais ou futuros de sociedades mercantís que subscriban a achega de capital así como a sociedade mercantil.
Os socios poderán ser persoas físicas ou xurídicas que cumpran a condición de peme.
A sociedade mercantil deberá ter a condición de peme.

5. SECTORES INCENTIVABLES
Actividades económicas relacionadas no anexo I da resolución, condición esixible unicamente para as sociedades mercantís e non para as persoas físicas ou xurídicas que participen na ampliación de capital.
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
Investimento subvencionable: mínimo 35.800 €.
Importe do préstamo: ata 70% do investimento subvencionable para o conxunto dos socios.
Prazo de amortización: ata 7 anos, incluído 1 ano de carencia como máximo.
Tipo de xuro: variable. Para o 2º semestre do 2004, 3,30% revisable semestralmente Euríbor 6 meses + ata 1,15.
Comisións: ata o 1%.
Os beneficiarios das axudas establecidas neste convenio deberán manter os investimentos obxecto de financiamento durante un prazo mínimo de 5 anos dende a súa adquisición.
O proxecto de investimento deberá conlevar a creación de emprego e o emprego efectivo deberá manterse no prazo de dous anos no caso de solicitudes de axuda de pequenas empresas para préstamos iguais ou superiores a 600.000 € e para medianas empresas, calquera que sexa o importe do préstamo solicitado.
Para préstamos iguais ou superiores a 600.000 € deberán cumprir o requisito de estabilidade laboral.

7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
Non se require cualificación específica.
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
Inmobilizado material novo: adquisición de terreos para a implantación do proxecto, traídas e acometidas de servizos, urbanización e obras exteriores, obra civil, bens de equipo e unidades funcionais de explotación independente, excepto plantas de coxeración de enerxía, elementos de transporte (exclusivamente vehículos industriais) e para as empresas que teñan por actividade principal a de transporte público de mercadorías ou de viaxeiros por estrada, só será subvencionable a renovación da flota, honorarios facultativos de proxecto e dirección de obra e outros investimentos en activos fixos materiais.
Bens usados: unicamente en inmobles e barcos de pesca.
Inmobilizado inmaterial: unicamente en aplicacións informáticas, propiedade industrial e propiedade intelectual, incluídos os gastos de investigación e desenvolvemento (I+D).
Respecto dos activos anteriores, aplicaranse os seguintes límites:
Se o proxecto presentado inclúe investimento inmaterial, este non será superior ao 25% do importe do investimento total subvencionable.
Se o proxecto presentado inclúe barcos de pesca usados, o importe destes non será superior ao 95% do investimento total subvencionable.

9. CONTÍA DAS AXUDAS
Para as solicitudes presentadas no ano 2005, a subsidiación será de 2,35 puntos para empresas de nova creación, empresas que creen 5 ou máis empregos, empresas que realicen o seu proxecto investidor nalgún dos concellos de dinamización pioritaria que se relacionan no anexo X ou empresas nas que a actividade principal sexa o transporte público de mercadorías ou de viaxeiros por estrada e acometan proxectos de renovación da flota dirixidos a súa modernización e mellora ambiental, e de 1,35 puntos para o resto dos casos, sendo o tipo de xuro resultante para o beneficiario non inferior ao 1% ou ao 2% respectivamente.
Para as solicitudes presentadas nos seguintes exercicios a subsidiación será como máximo de 3,5 puntos (actividade preferente 0,5 / creación de emprego 1 / empresa de nova creación 1,5), sendo o tipo de xuro resultante para o beneficiario non inferior ao 3%, agás para empresas de nova creación ou que creen emprego, nos que será non inferior ao 2%.

10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación de solicitudes de préstamo e subsidiación na entidade financeira será o seguinte:
Para o ano 2005, dende o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro dese ano.
Para o ano 2006, dende o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro dese ano.

11. INCOMPATIBILIDADES
Non poderán acollerse a estas axudas aquelas empresas que promovan proxectos que se vaian financiar, en todo ou en parte, mediante créditos, préstamos ou contratos de leasing que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellorar as condicións financeiras respecto ás normais de mercado. Será incompatible con calquera outra axuda regulada polo Igape.
12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 27 de xaneiro de 2004 (DOG Nº20 do 30/01/2004)
Resolución do 11 de marzo de 2004 (DOG Nº61 do 29/03/2004)
Resolución do 12 de xullo de 2004 (DOG Nº151 do 05/08/2004)
Resolución do 14 de decembro de 2004 (DOG Nº247 do 22/12/2004)
Resolución do 27 de decembro de 2004 (DOG Nº252 do 29/12/2004)
Resolución do 31 de maio de 2005 (DOG Nº108 do 07/06/2005) - Ampliación de crédito
Resolución do 17 de xuño de 2005 (DOG Nº124 do 29/06/2005) - Tipo de xuro
13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Tramitación: as solicitudes presentaranse nas entidades financeiras colaboradoras.
Información: oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
Teléfono: 902 300 903.
www.igape.es, informa@igape.es

14. OBSERVACIÓNS
Concellos de localización prioritaria:
Concellos da Costa da Morte:
Muros, Carnota, Cee, Dumbría, Corcubión, Fisterra, Muxía, Camariñas, Coristanco, Laxe, Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Malpica de Bergantiños, Carballo, A Laracha, Zas e Vimianzo.
Concellos da provincia de Lugo:
Ribadeo, Barreiros, Foz, Mondoñedo, Lourenzá, Trabada, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Lugo, O Corgo, Sarria, O Incio, Bóveda, Monforte de Lemos e A Pobra de Brollón.
Concellos da provincia de Ourense:
Carballiño, Leiro, Beade, Ribadavia, Xunqueira de Ambía, Sarreaus, Xinzo de Limia e Allariz.

 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal