FICHA EN WORD |
VIXENCIA |
*
LEXISLACIÓN |
Xerar
documento de Word imprimible. |
A data de vixencia da axuda
é 31/12/2006 |
|
|
|
ORGANISMO
|
Consellería de Innovación e
Industria
|
1. TÍTULO
DO PROGRAMA / AXUDA |
CONVENIO ABERTO
DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E
COMERCIO E AS EMPRESAS AVALIADORAS DA CONFORMIDADE PARA O FOMENTO DA
CERTIFICACIÓN DOS SISTEMAS DE XESTIÓN DA CALIDADE NO TECIDO
EMPRESARIAL GALEGO.
|
2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Fomento da
certificación dos sistemas de xestión da calidade no tecido
empresarial galego.
|
3. TIPOS
DE APOIO |
Bonificación dos
custos de certificación.
|
4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Empresas, en
especial as pemes galegas, e as entidades e organizacións
establecidas en Galicia cando o alcance da certificación comprenda
en exclusiva os centros situados no territorio da Comunidade
Autónoma de Galicia.
|
5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Calquera
sector.
|
6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
A contía mínima
do investimento será de 1.500 euros. Son subvencionables as
certificacións realizadas de acordo coa lista aberta de normas e
referenciais recollidos na páxina web do observatorio da calidade
www.observatoriocalidade.org.
|
7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
-
|
8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
Custos nos que
incorra a certificadora como consecuencia do proceso de
certificación de sistemas de xestión de calidade, excluído o IVE.
Terán a consideración de investimento subvencionable os custos
de auditoría das certificadoras así como os custos de concesión,
tramitación, rexistro ou emisión dos certificados. Non son
subvencionables os gastos de renovación de certificados.
|
9. CONTÍA
DAS AXUDAS |
Redución máxima
do 60 % do investimento subvencionable, aplicable no momento da
emisión das facturas, correspondentes a cada proceso de
certificación. A achega máxima por parte da Consellería de
Innovación, Industria e Comercio será de 3.000 € por expediente de
certificación.
|
10. PRAZO
DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
A vixencia do
convenio vai desde o 3 de abril de 2004 ata o 31 de decembro de
2006. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 30 de
outubro, para cada ano de vixencia do convenio.
|
11.
INCOMPATIBILIDADES |
-
|
12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 23
de marzo de 2004, publicada no D.O.G. do 2 de abril de 2004.
|
13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Entidades
avaliadoras de calidade (entidades certificadoras) que se adhiran ao
convenio. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral
de Promoción Industrial e Sociedade da Información. Tlfno: 981
95 70 10
|
14.
OBSERVACIÓNS |
As axudas
concederanse seguindo a orde de presentación de solicitudes ata o
límite de crédito dispoñible, e a consellería ten a potestade de
estimar ou desestimar dita solicitude en función da adecuación aos
obxectivos do convenio, así como da dispoñibilidade orzamentaria.
|