FICHA EN WORD |
VIXENCIA |
*
LEXISLACIÓN |
Xerar
documento de Word imprimible. |
A data de vixencia da axuda
é 30/11/2006 |
|
|
|
ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción
Económica
|
1. TÍTULO
DO PROGRAMA / AXUDA |
APOIO FINANCEIRO
2004-2006 ÁS PEMES GALEGAS (OPERACIÓNS TIPO A)
|
2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Establecemento
de liñas de financiamento subsidiado para a financiación dos
investimentos a realizar polas pequenas e medianas empresas de
Galicia.
|
3. TIPOS
DE APOIO |
Subsidiación ao
tipo de xuro de préstamos.
|
4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Empresas con
domicilio fiscal en Galicia e que teñan a consideración de peme.
|
5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Actividades
económicas relacionadas no Anexo I da Resolución.
|
6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
Investimento
subvencionable: mínimo 35.800 €. Importe do préstamo: ata 70% do
investimento subvencionable. Mínimo 25.000 € e máximo de 3 millóns
de euros. O importe do préstamo a subsidiar non poderá superar o
importe do investimento subvencionable pendente de pagamento á data
de presentación da solicitude no Igape. Prazo de amortización:
ata 7 anos, incluídos 2 anos de carencia como máximo, agás para os
préstamos nos que o investimento en barcos de pesca ou inmobiliaria
represente unha porcentaxe igual ou superior ao 80% do total do
investimento. Neste caso poderán superar sen ningunha restrición os
límites de prazo e carencia establecidos, calculándose a
subsidiación como se o préstamo fose por 7 anos incluídos 2 anos,
como máximo, de carencia. Tipo de xuro: variable. Para o 2º
semestre do 2005, 3,30% revisable semestralmente Euríbor 6 meses +
ata 1,15. Comisións: ata o 1%. Os beneficiarios das axudas
establecidas neste convenio deberán manter os investimentos obxecto
de financiamento durante un prazo mínimo de 5 anos dende a súa
adquisición. O proxecto de investimento deberá conlevar a
creación de emprego e o emprego efectivo deberá manterse no prazo de
dous anos no caso de solicitudes de axuda de pequenas empresas para
préstamos iguais ou superiores a 600.000 € e para medianas empresas,
calquera que sexa o importe do préstamo solicitado. Para
préstamos iguais ou superiores a 600.000 € deberán cumprir o
requisito de estabilidade laboral.
|
7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
Non se require
cualificación específica.
|
8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
Inmobilizado
material novo: adquisición de terreos para a implantación do
proxecto, traídas e acometidas de servizos, urbanización e obras
exteriores, obra civil, bens de equipo e unidades funcionais de
explotación independente, excepto plantas de coxeración de enerxía,
elementos de transporte (exclusivamente vehículos industriais) e
para as empresas que teñan por actividade principal a de transporte
público de mercadorías ou de viaxeiros por estrada, só será
subvencionable a renovación da flota, honorarios facultativos de
proxecto e dirección de obra e outros investimentos en activos fixos
materiais. Bens usados: unicamente en inmobles e barcos de
pesca. Inmobilizado inmaterial: unicamente en aplicacións
informáticas, propiedade industrial e propiedade intelectual,
incluídos os gastos de investigación e desenvolvemento (I+D).
Respecto dos activos anteriores, aplicaranse os seguintes
límites: Se o proxecto presentado inclúe investimento
inmaterial, este non será superior ao 25% do importe do investimento
total subvencionable. Se o proxecto presentado inclúe barcos de
pesca usados, o importe destes non será superior ao 95% do
investimento total subvencionable.
|
9. CONTÍA
DAS AXUDAS |
Para as
solicitudes presentadas no ano 2005, a subsidiación será de 2,35
puntos para empresas de nova creación, empresas que creen 3 ou máis
empregos, empresas que realicen o seu proxecto investidor nalgún dos
concellos de dinamización prioritaria que se relacionan no anexo X
ou empresas nas que a actividade principal sexa o transporte público
de mercadorías ou de viaxeiros por estrada e acometan proxectos de
renovación da flota dirixidos á súa modernización e mellora
ambiental, e de 1,35 puntos para o resto dos casos, sendo o tipo de
xuro resultante para o beneficiario non inferior ao 1% ou ao 2%
respectivamente. Para as solicitudes presentadas nos seguintes
exercicios a subsidiación será como máximo de 3,5 puntos (actividade
preferente 0,5 / creación de emprego 1 / empresa de nova creación
1,5), sendo o tipo de xuro resultante para o beneficiario non
inferior ao 3%, agás para empresas de nova creación ou que creen
emprego, nos que será non inferior ao 2%.
|
10. PRAZO
DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
O prazo para a
presentación de solicitudes de préstamo e subsidiación na entidade
financeira será o seguinte: Para o ano 2005, dende o 1 de
xaneiro ata o 30 de novembro dese ano. Para o ano 2006, dende o
1 de xaneiro ata o 30 de novembro dese ano.
|
11.
INCOMPATIBILIDADES |
Non poderán
acollerse a estas axudas aquelas empresas que promovan proxectos que
se vaian financiar, en todo ou en parte, mediante créditos,
préstamos ou contratos de leasing que teñan calquera tipo de
subvención encamiñada a mellorar as condicións financeiras respecto
ás normais de mercado. Será incompatible con calquera outra axuda
regulada polo Igape.
|
12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 27
de xaneiro de 2004 (DOG Nº20 do 30/01/2004) Resolución do 11 de
marzo de 2004 (DOG Nº61 do 29/03/2004) Resolución do 12 de xullo
de 2004 (DOG Nº151 do 05/08/2004) Resolución do 14 de decembro
de 2004 (DOG Nº247 do 22/12/2004) Resolución do 27 de decembro
de 2004 (DOG Nº252 do 29/12/2004) Corrección de erros -
Resolución do 27 de decembro de 2004 (DOG Nº4 do 7/1/2005)
Resolución do 31 de maio de 2005 (DOG Nº108 do 07/06/2005) -
Ampliación de crédito Resolución do 17 de xuño de 2005 (DOG
Nº124 do 29/06/2005) - Tipo de xuro
|
13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Tramitación: as
solicitudes presentaranse nas entidades financeiras colaboradoras.
Información: oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica
(Igape). Teléfono: 902 300 903. www.igape.es,
informa@igape.es
|
14.
OBSERVACIÓNS |
Concellos de
localización prioritaria: Concellos da Costa da Morte:
Muros, Carnota, Cee, Dumbría, Corcubión, Fisterra, Muxía,
Camariñas, Coristanco, Laxe, Cabana de Bergantiños, Ponteceso,
Malpica de Bergantiños, Carballo, A Laracha, Zas e Vimianzo.
Concellos da provincia de Lugo: Ribadeo, Barreiros, Foz,
Mondoñedo, Lourenzá, Trabada, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Lugo,
O Corgo, Sarria, O Incio, Bóveda, Monforte de Lemos e A Pobra de
Brollón. Concellos da provincia de Ourense: O Carballiño,
Leiro, Beade, Ribadavia, Xunqueira de Ambía, Sarreaus, Xinzo de
Limia, Allariz, Carballeda de Avia, Melón, Arnoia, Paderne de
Allariz, Taboadela, Baños de Molgas, Sandiás, A Gudiña, A Mezquita,
Riós, Verín.
| |