INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

A data de vixencia da axuda é 30/11/2005
Bases Reguladoras
Orde do 16 de decembro de 2004 (DOG Nº247 do 22/12/2004) - Modificación e convocatoria do 2005
Texto completo da axuda
ORGANISMO
Consellería de Medio Rural
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
AXUDAS PARA A MELLORA E MODERNIZACIÓN DAS ESTRUCTURAS DE PRODUCCIÓN DAS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS E SE CONVOCAN PARA O ANO 2005
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
As axudas reguladas por esta orde van dirixidas, principalmente, a lograr a modernización das explotacións agrarias a través de investimentos para a mellora do seu sistema produtivo e de medidas para a incorporación de agricultores mozos como titulares das explotacións do sector agrario. Teñen a finalidade de incrementar a competitividade das explotacións galegas.
3. TIPOS DE APOIO
As axudas ao investimento poderán consistir nunha subvención de capital, nunha bonificación de xuros dun préstamo, minoración de anualidades de amortización, axudas para sufragar os custos dun aval, ou nunha combinación deses tipos.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Para plans de mellora en explotacións agrarias:
Persoa física titular da explotación. Ten que cumprir estes requisitos: condición de agricultor profesional. Acreditación de que, polo menos, o 50% da súa renda total a obteña das actividades agrarias ou outras complementarias. Acreditación da condición de dedicar máis do 50% do tempo de traballo total ás actividades agrarias e outras complementarias, así como do requisito de afiliación ao réxime da Seguridade Social que corresponda á actividade desenvolvida na explotación. Capacitación profesional suficiente. Condición de residir na comarca onde radique a explotación, ou noutra limítrofe.
Persoa xurídica titular da explotación. Ten que cumprir estes requisitos: xustificación de que a actividade principal é a agraria. Condición de que se trata dunha explotación agraria prioritaria ou que acadará esa condición coa realización do plan de mellora.
Comunidade de bens titular da explotación. Ten que cumprir estes requisitos: acreditar a existencia dun pacto de indivisión da comunidade por un período mínimo de 6 anos a partir da data de presentación da solicitude da axuda. Acreditar, por parte de, polo menos, un dos comuneiros, que reúne os requisitos establecidos para os titulares persoas físicas.
Para a primeira instalación de agricultores mozos: asumirá o mozo que se instala, polo menos, o 50% dos riscos e das responsabilidades civil, fiscal e social da xestión da explotación.
Para outros plans de mellora:
As persoas físicas, xurídicas e comunidades de bens que cumpran os mesmos requisitos que para os plans de mellora en explotacións agrarias, que sexan titulares de explotacións nas que máis do 50% da marxe bruta prevista proceda das actividades produtivas de horticultura, floricultura ou gandería non ligada á terra.
As persoas físicas, titulares de explotacións agrarias que, sen ser agricultores profesionais cumpran os mesmos requisitos que para os plans de mellora en explotacións agrarias.
As persoas xurídicas, titulares de explotacións agrarias, que, sen ser prioritarias nin o vaian ser coa realización do plan de mellora, cumpran os mesmos requisitos que para os plans de mellora en explotacións agrarias.
As comunidades de bens, titulares de explotacións agrarias, nas que ningún comuneiro sexa agricultor profesional, pero que cumpran os mesmos requisitos que para os plans de mellora en explotacións agrarias.
5. SECTORES INCENTIVABLES
Agricultura, horticultura, floricultura e gandería non ligada á terra.
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
Requisitos das explotacións beneficiarias:
Que a súa viabilidade económica quede acreditada, considerarase que unha explotación é viable economicamente cando a renda unitaria do traballo sexa igual ou superior ao 20% da renda de referencia. Tamén se considerarán viables as explotacións cualificadas como prioritarias.
Que cumpra as normas mínimas en materia ambiental, hixiene e benestar dos animais, de acordo coa normativa comunitaria, nacional e autonómica, e conforme o especificado no programa operativo, para a mellora das estruturas de produción.
Para os efectos destas axudas, considerarase como unha única explotación as pertencentes a un mesmo titular ou sociedade conxugal en réxime de gananciais, aínda que a base territorial radique en lugares xeograficamente distintos e teñan distintas orientacións produtivas.
Condicións dos plans de mellora: acreditar a viabilidade da explotación na situación inicial. Cando o plan de melloras afecte a unha explotación gandeira deberase xustificar que esta cumpre a normativa relativa a campañas oficiais de saneamento gandeiro. Deberá cumprir as normas mínimas en materia ambiental, hixiene e benestar dos animais. Os titulares de explotacións con plans de mellora para a produción de leite, deberán cumprir as condicións sanitarias aplicables á produción e comercialización de leite cru, leite tratado termicamente e produtos lácteos. Os plans de mellora que se vaian realizar en explotacións produtoras de leite cunha carga gandeira superior a 3 vacas de leite por hectárea de superficie forraxeira, deberán incluír actuacións tendentes á súa redución. Todos os proxectos e memorias achegados cos plans de mellora terán que incluír obrigatoriamente un anexo relativo á produción e xestión dos residuos da explotación.
Os investimentos en adquisición de maquinaria previsto no plan de mellora, incluído o tractor, de ser o caso, terá que ser inferior ao 35% do investimento total previsto na totalidade do plan.
7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
Se os investimentos aos que se refire o plan de mellora se realizan en obra civil, deberase presentar un proxecto asinado por un técnico competente, no caso de que este investimento sexa superior a 36.000 €. O prazo para a presentación deste proxecto é de dous meses, contados desde a data de aprobación da axuda.
As construcións novas deberán contar coa perceptiva licenza municipal, de acordo co establecido na normativa urbanística.

8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
Para plans de mellora en explotacións agrarias: investimentos en adquisición de maquinaria, incluído o tractor, equipos de muxidura, equipos de refrixeración do leite. Para a primeira instalación de agricultores mozos: adquisición ou acondicionamento da vivenda. Para outros plans de mellora: igual que para plans de mellora en explotacións agrarias.
9. CONTÍA DAS AXUDAS
Para plans de mellora en explotacións agrarias:
Contía dos investimentos: o investimento poderá chegar a un máximo de 90.151 € por UTA sen superar 180.302 por explotación cando o titular sexa unha persoa física ou unha comunidade de bens. No caso de titulares persoas xurídicas, este límite máximo por explotación poderá multiplicarse polo número de socios da entidade que acrediten, pola actividade que desenvolven nela, a súa condición de agricultores profesionais, ata un máximo de catro, sen prexuízo do límite por UTA.
O número de plans de mellora que se poderán aprobar por explotación e beneficiario, para ese volume de investimento, será como máximo de tres nos seis últimos anos, contados desde a data á que corresponda a aprobación do último plan solicitado.
Contía das axudas: a contía máxima de axuda será do 50% do investimento para bens inmobles, e o 35%, para bens mobles, nas zonas desfavorecidas. O 40% para bens inmobles e o 25% para bens mobles, nas demais zonas.
Se o beneficiario da axuda é un agricultor mozo que, simultaneamente á primeira instalación, ou nos seguintes 5 anos, e antes de cumprir os 40 anos de idade, presenta un plan de mellora da súa explotación, poderá obter unha axuda suplementaria do 5% do investimento. Esta axuda suplementaria concederase, na súa integridade, cando o plan de mellora da explotación corresponda a un agricultor mozo instalado ou que se vai instalar na modalidade de titularidade exclusiva e, na proporción da participación do agricultor mozo no financiamento dos investimentos, nas restantes modalidades de instalación.
Para a primeira instalación de agricultores mozos:
Unha bonificación de xuros do préstamo, na que o importe actualizado non supere a cantidade de 15.025 €, resultante de aplicar, durante un período máximo de quince anos, unha redución do tipo de xuro preferente das entidades de crédito, establecido, de ser o caso, nos convenios financeiros para os préstamos de primeira instalación.
Unha prima por explotación que poderá substituirse, total ou parcialmente, por unha bonificación de xuros equivalente. A contía da prima será de: 15.025 €, no caso de instalación como cotitular dunha explotación prioritaria, sempre que a explotación resultante requira un volume de traballo equivalente, polo menos, a dúas UTA. Esa mesma contía aplicarase nos casos de acceso á titularidade exclusiva por compra, herdanza, doazón ou cando a primeira instalación se produza aplicando a figura da apartación de dereito civil de Galicia. Esta contía tamén se aplicará para calquera outra modalidade de instalación, sempre que se acredite un gasto igual ou superior ao dito importe en compra de cota láctea ou outros dereitos de produción; 13.000 €, nos demais casos de cotitularidade, ou instalación en entidades asociativas. 11.000 €, nos casos de instalación mediante contrato de arrendamento ou parcería, ou cando a instalación se produza nunha explotación de nova creación.
As contías máximas de axuda expresadas anteriormente poderanse incrementar nun 10% nos seguintes casos: cando se xere na explotación, polo menos, 1 UTA asalariada adicional á do mozo que se instala. Nos supostos nos que se instale unha muller. Cando a explotación estea situada nun concello dos cualificados de montaña.
Para outros plans de mellora:
Contía das axudas: a contía máxima de axuda será do 50% do investimento, para bens inmobles e o 35%, para bens mobles, nas zonas desfavorecidas. O 40% para bens inmobles e o 25%, para bens mobles, nas demais zonas. Se o beneficiario da axuda é un agricultor mozo que, simultaneamente á primeira instalación, ou nos seguintes 5 anos, e antes de cumprir os 40 anos de idade, presenta un plan de mellora da súa explotación, poderá obter unha axuda suplementaria do 5% do investimento. Esta axuda suplementaria concederase, na súa integridade, cando o plan de mellora da explotación corresponda a un agricultor mozo instalado ou que se vaia instalar na modalidade de titularidade exclusiva e, na proporción da participación do agricultor mozo no financiamento dos investimentos, nas restantes modalidades de instalación.
A axuda consistirá na subvención, total ou parcial, dunha ou varias anualidades de amortización de préstamos formalizados para levar a cabo o investimento. Estes préstamos non poderán superar o 90% do investimento total que se vaia realizar e formalizarse no marco dos convenios financeiros ao xuro preferente establecido neles.
A axuda á amortización non poderá superar o 80% do importe do préstamo, e poderá aboarlla a consellería dunha soa vez, directamente ao beneficiario, logo de formalizado o préstamo e certificada a realización dos investimentos previstos.

10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da presente orde no DOG e rematará o 5 de marzo de 2005, ambos os dous inclusive. Para os casos de primeiras instalacións de mozos motivadas por cesamento anticipado na actividade agraria, ou por falecemento, xubilación ou invalidez do actual titular da explotación, o prazo permanecerá aberto ata o 30 de novembro.


11. INCOMPATIBILIDADES
Declararase tódalas axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, pois pode dar lugar á modificación da resolución de concesión.
12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Orde do 7 de xuño de 2002 (DOG Nº113 do 13/06/2002)
Orde do 23 de decembro de 2003 (DOG Nº253 do 31/12/2003)
Orde do 16 de decembro de 2004 (DOG Nº247 do 22/12/2004)
13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Preferentemente nas oficinas agrarias comarcais da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
14. OBSERVACIÓNS
Só serán auxiliables os investimentos que se realicen con posterioridade á data de presentación da solicitude, sempre e cando recaia a resolución aprobatoria da axuda sobre os ditos investimentos.
Para plans de mellora en explotacións agrarias: compromiso de exercer a actividade agraria durante cinco anos con posterioridade á data de aprobación da axuda.
Poderán excluírse deste réxime de axudas os investimentos que aumenten a produción sen saídas normais no mercado.
Os investimentos que se vaian realizar naqueles sectores para os que se teñan establecido cotas, primas ou calquera outro dereito de produción, serán auxiliables sempre que se acredite, á súa finalización, a dispoñibilidade deles en contía suficiente.
Os investimentos no sector de produción de leite que teñan por efecto exceder a cota láctea do titular, poderán ser auxiliables se a explotación ten concedida, previamente á data de remate das melloras, unha cota láctea adicional, de acordo coa normativa reguladora das cotas lácteas e da taxa suplementaria.
No caso de que as axudas se soliciten para realizar investimentos no sector de vacún de carne, limitaranse a explotacións gandeiras que teñan unha densidade gandeira, ao finalizar a realización do plan, igual ou inferior a 2 UGM/ha de superficie forraxeira total.
Queda excluída a concesión de axudas a investimentos no sector de gando porcino intensivo que aumente o número de prazas.
No sector das aves, non se auxiliarán investimentos que incrementen a capacidade de produción de ovos para o seu consumo directo.
Estas axudas non serán de aplicación aos investimentos dirixidos a mellorar a produción agraria, que sexan auxiliados acolléndose aos fondos establecidos nas organizacións comúns de mercado.
O prazo de execución dos investimentos incluídos no plan de mellora será, como máximo, de 18 meses computados a partir do día seguinte ao da data da notificación da concesión da axuda ou, se é o caso, da data de formalización do préstamo subvencionado.
Para a primeira instalación de agricultores mozos: respecto dunha mesma explotación non poderá percibirse máis dunha prima nin bonificación de xuros por primeira instalación, durante o prazo dos cinco anos seguintes á data da súa concesión. Nos casos de réximes económicos matrimoniais gananciais, non poderá ser beneficiario dunha axuda á primeira instalación un agricultor mozo cando o seu cónxuxe sexa xa titular dunha explotación agraria. O prazo de execución dos investimentos e gastos para a primeira instalación será o mesmo que o previsto para os plans de mellora.

 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal