FICHA EN WORD |
VIXENCIA |
*
LEXISLACIÓN |
Xerar
documento de Word imprimible. |
A data de vixencia da axuda
é 31/12/2005 |
|
|
|
ORGANISMO
|
Consellería de Innovación e
Industria
|
1. TÍTULO
DO PROGRAMA / AXUDA |
FOMENTO DA
ENERXIA SOLAR
|
2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Contribuír de
forma significativa a que, no seu ámbito de aplicación, a enerxía
solar se poida integrar no mercado enerxético nas mesmas condicións
que o resto das fontes enerxéticas.
|
3. TIPOS
DE APOIO |
Subsidiación do
tipo de xuro dos préstamos concertados con entidades financeiras
destinados a financiar investimentos en proxectos de aproveitamento
activo de enerxía solar (instalacións solares térmicas e
fotovoltaicas).
|
4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
a) Empresas,
calquera que sexa a súa forma xurídica. b) Traballadores por
conta propia en réxime de autónomos, agrario, gandeiro, etc. c)
Particulares. d) Asociacións, fundacións e demais entidades sen
ánimo de lucro. e) Entidades públicas galegas.
Sempre
que desenvolvan a actividade subvencionable no ámbito da Comunidade
Autónoma de Galicia.
|
5.
SECTORES INCENTIVABLES |
-
|
6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
No caso de
proxectos promovidos por empresas, serán de aplicación as
directrices comunitarias sobre axudas estatais a favor do ambiente
(2001/C 37/03-DOCE 3-2-2001), polo que, segundo o punto 37, os
custos subvencionables calcularanse netos das vantaxes obtidas dun
eventual incremento da capacidade, dos aforros e custos xerados
durante os cinco primeiros anos de vida do investimento e das
producións accesorias adicionais durante o mesmo período de cinco
anos. No ámbito das enerxías renovables, os custos do investimento
subvencionable corresponden, polo xeral, aos custos suplementarios
soportados pola empresa con relación a unha instalación de xeración
de enerxía tradicional da mesma capacidade en termos de xeración
efectiva de enerxía. En ningún caso subvencionaranse os
investimentos de substitución. Non se valorarán, para efectos do
investimento, os gastos que se realicen en concepto de pagamento de
licenzas, gastos sometidos a aranceis, impostos persoais sobre a
renda, nin impostos indirectos salvo que se acredite que non son
susceptibles de recuperación nin compensación. En caso de que o
solicitante sexa unha persoa física, terase en conta o imposto sobre
o valor engadido dentro do importe do investimento cando o
beneficiario efectúe declaración responsable de que o obxecto da
subvención non se dedica nin se adscribe de ningunha forma a
ningunha actividade empresarial ou profesional. No resto dos
casos, non se terá en conta no custo do investimento o imposto sobre
o valor engadido, salvo que o beneficiario acredite mediante a
correspondente certificación a exención neste imposto.
|
7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
-
|
8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
Límites para o
custo do investimento subvencionable, non computando aquelas
cantidades que os superen para o cálculo da porcentaxe do 70% :
A) Instalacións solares térmicas. (Ver fórmula de aplicación
nas bases) Para instalacións cuxos elementos de captación son
tubos de baleiro, os límites do custo do investimento
subvencionable poderán incrementarse ata nun 40%, debéndose
xustificar a adopción de tal tecnoloxía en función das
características específicas da instalación (temperatura de traballo,
superficie dispoñible, etc.). Para instalacións formadas por
tubos de baleiro e captadores planos, o custo máximo elixible
obterase proporcionalmente á superficie dos equipamentos.
B) Instalacións solares fotovoltaicas. (Ver fórmula de
aplicación nas bases) Para instalacións que incorporen seguidor
solar, os límites do custo do investimento subvencionable poderán
incrementarse ata nun 40%, segundo o número dos eixes do seguidor e
a tecnoloxía aplicada.
|
9. CONTÍA
DAS AXUDAS |
O importe da
subvención será o resultado de actualizar ao xuro legal do diñeiro a
contía resultante de aplicar un tipo do 3% ao préstamo concertado
polo beneficiario para o financiamento do investimento
subvencionable sen que, en ningún caso, como consecuencia da
subvención o tipo de xuro aplicable ao préstamo resulte inferior ao
0%. Para estes efectos, terase en conta o tipo de xuro
correspondente ao primeiro período de referencia. Non obstante, a
porcentaxe anterior só se aplicará á parte do préstamo que non
exceda do 70% do investimento subvencionable. En ningún caso se
subvencionará o tipo de xuro correspondente á parte do préstamo que
exceda de 200.000 euros.
|
10. PRAZO
DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
A partir do día
seguinte ao da publicación desta resolución no D.O.G. ó longo do ano
2005.
|
11.
INCOMPATIBILIDADES |
As axudas que
poidan obter os solicitantes ao abeiro da presente convocatoria,
serán compatibles coas axudas que outras administracións públicas ou
entes públicos ou privados presten para o mesmo obxecto ou
finalidade. Non obstante, as axudas que se concedan respectarán, en
todo caso, a normativa comunitaria en materia de axudas públicas da
Unión Europea. En particular, estas axudas non se poderán
acumular a outras axudas estatais o achegas comunitarias se tal
acumulación conduce a unha intensidade de axuda superior á prevista
nas directrices comunitarias sobre axudas estatais a favor do medio
ambiente (2001/C37/03) (Diario Oficial de las Comunidades Europeas
do 3 de febreiro de 2001).
|
12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 16
de Xuño de 2005 (DOG Nº122 do 27/06/2005) - Convocatoria
2005
|
13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Instituto
Enerxético de Galicia sito na rúa Ourense, nº 6 (A Rosaleda),
Santiago de Compostela. O modelo de solicitude e o resto de
modelos necesarios para solicitar ou xustificar a axuda publícanse
como anexos desta resolución e estarán tamén disponibles na
páxina web http://www.inega.es. Tlfno contacto: 981541500
|
14.
OBSERVACIÓNS |
-
|