INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

A data de vixencia da axuda é 30/04/2007
Resolución do 30 de maio de 2005 (DOG Nº 107 do 06/06/2005)
ORGANISMO
Consellería de Innovación e Industria
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
PROMOCIÓN DO ACCESO EMPRESARIAL Á SOCIEDADE DA INFORMACIÓN EN GALICIA
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
O obxecto deste convenio consiste en regular as actuacións entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia e as entidades colaboradoras para a promoción do acceso empresarial á Sociedade da Información en Galicia.
Para lograr a devandita promoción arbítrase un sistema de incentivos económicos ás empresas, así como o desenvolvemento dun plan de sensibilización, divulgación e formación por parte das entidades colaboradoras en relación cos mellores usos en materia de Sociedade da Información no eido empresarial, especialmente no referente á xestión e seguridade da información, identificación de boas prácticas públicas e privadas, e coñecemento dos medios de sinatura electrónica avanzada.

3. TIPOS DE APOIO
Subvención a fondo perdido.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Entidades mercantís de carácter privado, entidades cooperativas ou os empresarios individuais, con sede social e/ou centros de traballo en Galicia, que estean realizando actividade económica nos ditos centros de traballo.
5. SECTORES INCENTIVABLES
Todos
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
O representante ou apoderado da empresa beneficiaria, contando coa axuda técnica da colaboradora, deberá dispor dun certificado dixital emitido por unha entidade recoñecida, que lle permita a sinatura electrónica de documentos e a súa presentación no Rexistro Telemático da Xunta de Galicia creado polo Decreto 200/2003, do 20 de marzo, naqueles supostos que se recollen na cláusula décimo primeira.
Soamente terán validez ante o Rexistro Telemático os certificados dixitais expedidos a nome de persoas físicas, conforme a Lei 59/2003, do 19 de decembro, de sinatura electrónica, en tanto non se produza o desenvolvemento regulamentario doutros supostos de representación, tales como os certificados expedidos
a nome de persoas xurídicas, restrinxidos na data de sinatura deste convenio exclusivamente ao ámbito tributario.

7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
As solicitudes atópanse sometidas a unha aprobación previa por parte da consellería. Tanto a execución
da acción subvencionable como a acreditación do investimento deberán realizarse unha vez obtida a correspondente aprobación previa, e necesariamente as accións estarán dedicadas a centros de traballo en Galicia. A comprobación por calquera medio de que non se cumpren estes requisitos suporá a non aprobación da solicitude, ou ben con posterioridade a revogación da axuda e o reintegro desta.

8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
* Accion A: presenza básica na internet.
Acción dedicada ás empresas que carecen de páxina web e dominio propio.
O investimento deberá contemplar como mínimo os seguintes elementos:
-Adquisición dun dominio propio, vinculado ao nome da empresa ou dunha marca comercial propia.
-Desenvolvemento da web propia da empresa.
-Presenza na internet da dita web.
-Inclusión na web de cláusulas legais e informativas en materia de sociedade da información.
-Facilidades de modificación posterior e autoconfiguración da web polo cliente.
-Dispoñibilidade total do beneficiario sobre os contidos, programación e rutinas (scripts) da páxina web, que lle permitan modificar a web e/ou concertar o aloxamento da web con outros provedores.

* Acción B: auditoría para a mellora na xestión interna da información.
Acción dedicada a acadar a adaptación inicial ás obrigas en materia de sociedade da información, derivadas da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), do Regulamento de medidas de seguridade (RMS) e da LSSI, así como sobre as normas que as desenvolvan ou substitúan.
O investimento deberá contemplar como mínimo os seguintes elementos:
-Alta da empresa e dos ficheiros desta no Rexistro Xeneral de Protección de Datos (RXPD) da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).
-Xeración de documentos necesarios de auditoría, informes e documento de seguridade dos ficheiros declarados.
-Dispoñibilidade total do beneficiario sobre os contidos dos documentos, que lle permita ao cliente a modificación e evolución da documentación, e mesmo a xestión documental da documentación xerada se fose posible.

* Acción C: software para a mellora na xestión interna da información.
Acción dedicada a incorporar nas empresas ferramentas de software que lle permitan mellorar o tratamento da información interna, e obter mellor rendemento e produtividade cos datos de utilidade xeral e/ou produtivo que manexa na sua actividade económica diaria.
O investimento deberá contemplar como mínimo os seguintes elementos:
-Adquisición de novas licenzas de software sometido a tarifa.
-Manuais de usuario e/ou ferramentas de axuda on-line/off-line.
-Soporte técnico-comercial polo vendedor do produto.
-Posta en servizo do software adquirido.
Non se consideran actualizacións sobre licenzas existentes na empresa, multiplicidade nas licenzas solicitadas, desenvolvementos a medida ou particularizacións fóra dos custos das licenzas estándar.

* Acción D: alta en servizos electrónicos avanzados prestados mediante redes públicas.
Acción dedicada ao investimento de alta en servizos electrónicos avanzados, prestados a través de redes públicas, que permitan ás empresas o acceso a aplicacións informáticas distribuídas, seguridade xestionada, medidas de continxencia ante fallos e almacenamento de datos, que garantan a seguridade dos seus sistemas de información e dos intercambios electrónicos que realizan as empresas cos seus clientes e provedores.
O investimento deberá recoller como mínimo os seguintes elementos:
-Licenza inicial sobre o produto electrónico.
-Manuais de usuario e/ou ferramentas de axuda on-line/off-line.
-Posta en operación do servizo electrónico.
-Soporte técnico operacional sobre o servizo.
-Dispoñibilidade de ferramentas de control estatístico e calidade do servizo.

* Acción E: adquisición de equipos de comunicacións para acceso a redes públicas electrónicas.
Acción dedicada a facilitar a adquisición de equipos de comunicacións que permitan o acceso ás redes públicas electrónicas, considerando aqueles elementos que están directamente conectados a estas redes e non os equipos que forman parte das redes interiores das empresas que se conectan os primeiros para o acceso ás redes públicas.
Recolle como investimentos os referentes ás centrais de transmisión de datos sobre protocolos IP, centrais de voz, equipos de conmutación e enrutamento, así como equipos dedicados a vehículos ou máquinas, sempre que accedan directamente ás redes públicas. Non se considerarán elementos interiores de rede de usuario (terminais, cableado, electrónica activa o pasiva, etc.), nin ordenadores personais aínda que dispoñan de conexión directa ás redes públicas.
Os equipos e aplicacións destinados a conectarse directa ou indirectamente aos puntos de terminación das redes públicas electrónicas con obxecto de enviar, procesar ou recibir sinais, deberán disponer da avaliación da conformidade, coas normas que lles sexan de aplicación, en calquera Estado membro da Unión Europea.

Entenderase como investimento subvencionable os custos en que incorra cada empresa beneficiaria como consecuencia da execución por unha colaboradora dalgunha das accións anteriores, conforme a oferta inicial e a factura emitida pola colaboradora.
As empresas beneficiarias poderán recibir subvención por distintas accións subvencionables, pero non poderán recibir máis dunha subvención por cada unha das accións durante a vixencia do convenio.
O investimento subvencionable determínase excluíndo o IVE correspondente, e con carácter xeral fíxase unha contía mínima na base impoñible de 500 euros, para que unha solicitude poida acollerse ao presente convenio. Esta contía mínima de 500 euros non se aplicará, como excepción, ás accións de tipo A: «presenza básica na internet».

9. CONTÍA DAS AXUDAS
Acción A: presenza básica na internet: o 75 % do investimento subvencionable, cun límite máximo de 150 euros para cada proxecto.

Acción B: auditoría para a mellora na xestión interna da información: 40% do investimento subvencionable, cun límite máximo de 600 euros para cada proxecto.

Acción C: software para a mellora na xestión interna da información: 40% do investimento subvencionable, cun límite máximo de 1.500 euros para cada proxecto.

Acción D: alta en servizos electrónicos avanzados prestados mediante redes públicas: 40% do investimento subvencionable, cun límite máximo de 600 euros para cada proxecto.

Acción E: adquisición de equipos de comunicacións para acceso a redes públicas electrónicas: 40% do investimento subvencionable, cun límite máximo de 1.500 euros para cada proxecto.

10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
30 de Abril de 2007.
11. INCOMPATIBILIDADES
As axudas recollidas neste convenio serán incompatibles con calquera outro tipo de axuda pública ou privada que poida recibir o beneficiario para o desenvolvemento do mesmo investimento.
12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 30 de maio de 2005 (DOG Nº 107 do 06/06/2005)
13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
As colaboradoras presentarán para cada proxecto unha solicitude. Esta solicitude atópase sometida a unha aprobación previa por parte da consellería. As colaboradoras solicitarán a aprobación previa cos formularios que cubrirán e obterán a través da aplicación informática correspondente establecida na Oficina Virtual da consellería de Innovación, Industria e Comercio sita no enderezo da internet http://www.xunta.es/conselle/in/index.htm da Xunta de Galicia

Teléfono de información: 981 544372
14. OBSERVACIÓNS
Entenderase por entidades colaboradoras para a promoción do acceso empresarial a Sociedade da Información a:
-Empresas privadas con persoalidade xurídica, con algún centro de traballo en Galicia, que realicen actividade económica relacionada coas accións que se fomentan a través deste convenio no ámbito da Sociedade da Información, e que acrediten os requisitos establecidos de solvencia técnica, económica e de eficacia.
Adquiren a condición de entidade colaboradora aquelas que o soliciten, no prazo de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste convenio no Diario Oficial de Galicia, e reúnan estes requisitos dentro do prazo establecido de adhesión (ata 06/07/05)

 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal