FICHA EN WORD |
VIXENCIA |
*
LEXISLACIÓN |
Xerar
documento de Word imprimible. |
A data de vixencia da axuda
é 31/12/2005 |
|
|
|
ORGANISMO
|
Consellería de Innovación e
Industria
|
1. TÍTULO
DO PROGRAMA / AXUDA |
PLAN GALEGO DE
INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA (2002-2005).
|
2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Impulsar o
despegue económico e social de Galicia mediante o incremento da
capacidade científico-tecnolóxica, a participación das empresas no
proceso de innovación e a extensión dos beneficios da investigación
ao conxunto da sociedade galega.
|
3. TIPOS
DE APOIO |
Programas
xerais. Recolle un único programa xeral, denominado Promoción Xeral
da Investigación (PXI), que se estrutura en: Promoción Xeral do
Coñecemento. Axudas para a formación de novos grupos de
investigación: axuda preparatoria, proxectos precompetitivos.
Incentivos para a participación noutros programas: axudas para a
presentación de proxectos europeos, incentivos a proxectos do Plan
Nacional ou de programas europeos. Adquisición de
insfraestruturas científico-técnicas e material bibliográfico:
institucionais (universidades, OPI e CITs), para grupos de
investigación. Axudas para a constitución de redes telemáticas:
publicacións periódicas, organización e asistencia a congresos,
estadías de investigadores e tecnólogos en centros de investigación
situados fóra de Galicia. Programas sectoriais. Recursos
naturais: Recursos agropecuarios (RAG), Recursos mariños (RMA),
Biodiversidade e recursos forestais (RFO), Recursos enerxéticos e
mineiros (REM). Tecnoloxías para a innovación: Biotecnoloxía e
tecnoloxías farmacéutica e de ciencias da saúde (BTF), Tecnoloxías
da alimentación (TAL), Tecnoloxías ambientais (TAM), Tecnoloxías dos
materiais (TMT), Tecnoloxías da construción e conservación do
patrimonio (CCP), Tecnoloxías da información e as comunicacións
(TIC), Tecnoloxías de deseño e produción industrial (DPI).
Servizos ao cidadán: Ciencias sociais (CSO), Innovación e
investigación educativa, Saúde pública, Turismo, ocio e deporte,
Dereito, economía e empresa, Sociedade da información (SIN),
Relacións coa Administración, Calidade de vida, Aplicacións a
sectores económicos. Programas horizontais. Recursos humanos
(RH): Formación de investigadores e tecnólogos (RH1), Inserción de
investigadores e tecnólogos no sistema público de I+D e en centros
tecnolóxicos (RH2), Incentivación á inserción de investigadores e
tecnólogos en empresas (RH3), Recuperación de investigadores e
tecnólogos (RH4). Apoio á innovación en empresas: Formación
(FO), Aula de innovación (FO1), IDIPYME (FO2), Programas de terceiro
ciclo relacionados coa xestión da innovación (FO3), Transferencia de
tecnoloxía (TT), Foros de investigadores e empresas (TT1),
Mobilidade de investigadores e tecnólogos (TT2), Apoio aos centros
tecnolóxicos (TT3), Carteira tecnolóxica (TT4), Apoio á creación de
empresas spin-off (TT5), Redes (RE), Rede de organismos interface
(RE1), Promoción de relacións e asociacións entre empresas (RE2),
Internacionalización das pemes-GAELIC (RE3), Mapa de servizos
tecnolóxicos (RE4), Portal de ciencia e tecnoloxía de Galicia (RE5),
Cooperación internacional (CI), Eurorrexión Galicia-Norte de
Portugal (CI1), Arco Atlántico (CI2), Iberoamérica (CI3).
Sensibilización social (SS): Premios de investigación e
innovación (SS1), Foro científico-tecnolóxico (SS2), Presenza en
medios de comunicación (SS3), Revista dixital (SS4), Actividades nos
centros de ensino non universitario (SS5), Colección Investigación e
desenvolvemento (SS6), Semana galega da ciencia e a tecnoloxía
(SS7).
|
4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Empresas
galegas, de todos os sectores. Asociacións empresariais e
entidades sen fin de lucro. Investigadores e tecnólogos,
universitarios e titulados de formación profesional.
Universidades do sistema universitario galego. Centros
públicos e privados de investigación. Centros tecnolóxicos.
|
5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Todos os
sectores.
|
6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
-
|
7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
-
|
8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
-
|
9. CONTÍA
DAS AXUDAS |
Os instrumentos
á disposición deste plan son: Subvencións non reembolsables.
Capital semente e capital risco. Subsidiación do tipo de
xuro de préstamos concedidos por entidades financeiras. Bolsas,
contratos e axudas á contratación. Convenios de colaboración e
concursos públicos.
|
10. PRAZO
DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
A vixencia do
plan abrangue desde o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de
2005.
|
11.
INCOMPATIBILIDADES |
-
|
12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 15
de marzo de 2002, publicada no D.O.G. nº 65 do 4 de abril de 2002.
|
13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
A
responsabilidade sobre o plan é competencia da Xunta de Galicia, e
dentro dela da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía
(Cicetga) e da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento
(981 541 072) www.dxid.org
|
14.
OBSERVACIÓNS |
A Secretaría
Xeral de Investigación e Desenvolvemento redactará e publicará as
convocatorias de axuda que recollerán os programas xerais e
sectoriais do plan.
| |